A Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo avanza na análise da ampliación de licenzas de taxi solicitada polo concello de Compostela

Imagen del artículo A Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo avanza na análise da ampliación de  licenzas de taxi solicitada polo concello de Compostela

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Mobilidade presidiu hoxe a xuntanza deste organismo, que deberá emitir un informe preceptivo e non vinculante

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, presidiu hoxe a Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo (CEVT) do Consello Galego de Transportes, reunida para avanzar na análise da ampliación de licenzas de taxi solicitada polo concello de Santiago de Compostela.

Na xuntanza, os membros realizaron as súas achegas para elaborar o preceptivo informe, non vinculante. Unha vez emitido este ditame, daráselle traslado ao Concello para que complemente a solicitude e lla remita novamente á Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, encargada da súa avaliación e da emisión dun informe preceptivo e vinculante.

A solicitude e informe do concello da capital compostelá contempla o incremento en 29 novas licenzas de taxi na cidade, a metade delas para persoas con mobilidade reducida. Cómpre lembrar que a lei de transporte público en vehículos de turismo de Galicia establece unha continxentación do número máximo de licenzas de taxi por concello, atendendo á súa poboación de dereito. No caso de Santiago de Compostela, aplícase a porcentaxe 1 licenza por cada 1000 habitantes, aínda que xa actualmente supera ese número con 144 licencias, 98.687 habitantes.

A CEVT é un órgano especializado en transporte público en vehículos de turismo (Taxi e VTC) integrada na organización do Consello Galego de Transportes, e nela participa a Xunta a través de distintos departamentos, a Federación Galega de Municipios e Provincias, o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, (Cermi), o Comité Galego de Transporte por Estrada e organizacións sindicais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344978 {"title":"A Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo avanza na análise da ampliación de licenzas de taxi solicitada polo concello de Compostela","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344978"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344978-comision-especial-transporte-publico-vehiculos-turismo-avanza-na-analise-da-ampliacion-licenzas-taxi-solicitada-polo-concello-compostela https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.