A conselleira de Vivenda supervisa as obras de humanización e mellora da mobilidade na contorna da praza de abastos de Sanxenxo, nas que a Xunta inviste 1 M€

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A intervención inclúe o soterramento do tráfico na rúa de Madrid e a xeración dunha nova praza pública en superficie como actuacións principais 
  • A execución dos traballos é froito dun convenio entre a Xunta e o Concello, cun orzamento de 2,3M€
  • A conselleira destaca o proxecto como exemplo de Infraestruturas "que permiten rexenerar espazos públicos" e apostan por un "equilibrio entre mobilidade e sostibilidade, priorizando o espazo urbano en superficie para ás persoas".
  • M. Allegue pon en valor a colaboración da Xunta e o Concello de Sanxenxo e subliña que se continuará nesta liña de traballo conxunto, "sumando esforzos e indo da man para conseguir mellorar a vida da veciñanza deste municipio e dos seus milleiros de visitantes"

Sanxenxo (Pontevedra), 23 de xullo de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, as obras de humanización e mellora da mobilidade que se están a desenvolver na contorna da praza de abastos, cun investimento de 2,3M€. Deste orzamento, a Xunta aporta, segundo o convenio asinado entre ambas administracións, a cantidade de 1M€, e o Concello os 1,3M€ restantes.

Os traballos contemplan o soterramento do tráfico na rúa Madrid, no treito que va desde o edificio do mercado ata a intersección coa PO-308, executado xa nun 30%, así como a mellora desta rúa no tramo entre a rúa Panadeira e a glorieta coa rúa Progreso, dotando á futura zona de novo alumeado, mobiliario e mesmo elementos para o sombreado da zona. En definitiva, a urbanización dunha nova praza pública en superficie.

M. Allegue subliñou que esta actuación "non só permitirá solucionar o problema de tráfico viario, senón que a vila gañará unha nova e fermosa praza pública para desfrute da veciñanza e dos visitantes". "Infraestruturas como estas -subliñou a conselleira- permiten rexenerar espazos públicos, permiten reactivar a vida de barrio. Conseguimos así un equilibrio entre mobilidade e sostibilidade, priorizando o espazo urbano para ás persoas".

A conselleira destacou a frutífera colaboración que manteñen a Administración autonómica e a local de Sanxenxo en materia de mellora de infraestruturas. "Quero agradecer ao alcalde de Sanxenxo a súa colaboración; sempre é un aliado para mellorar as infraestruturas neste Concello. Sanxenxo é fermoso e gústanos dalo a coñecer. Seguiremos -engadiu-nesta liña de traballo conxunto, sumando esforzos e indo da man para conseguir mellorar a vida da veciñanza deste municipio e dos seus milleiros de visitantes".

Lembrou así mesmo outras actuacións realizadas pola Xunta en Sanxenxo, como a humanización da PO-308 levada a cabo ao seu paso en Portonovo, así como a habilitación do itinerario peonil e ciclista entre Portonovo e A Lanzada. Tamén, en Sanxenxo e Poio, puxéronse a disposición da cidadanía 15 km de sendas peonís e ciclistas na PO-308, dentro do plan de sendas en estradas autonómicas.

Trala visita ás obras da rúa Madrid, a conselleira realizou unha visita ao Concello de Sanxenxo, onde asinou no libro de honra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344973 {"title":"A conselleira de Vivenda supervisa as obras de humanización e mellora da mobilidade na contorna da praza de abastos de Sanxenxo, nas que a Xunta inviste 1 M€","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105051-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344973"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344973-conselleira-vivenda-supervisa-as-obras-humanizacion-e-mellora-da-mobilidade-na-contorna-da-praza-abastos-sanxenxo-nas-xunta-inviste-1-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.