A Xunta reforza sete servizos de autobús entre A Coruña, Oleiros e Sada en horarios de maior ocupación

Imagen del artículo A Xunta reforza sete servizos de autobús entre A Coruña, Oleiros e Sada en horarios de maior ocupación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Cinco deles conectan A Coruña e Sada con paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada; e dous forman parte de liñas entre A Coruña e Lorbé, en Oleiros
  • Ademais, reactívanse tres frecuencias ao día que dan servizo á urbanización de Rialta á primeira da mañá e ao final do día

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

A Xunta reforzará desde o próximo luns, 29 de xullo, sete servizos de autobús no corredor A Coruña-Oleiros-Sada en horarios de maior ocupación. Despois do seguimento específico levado a cabo durante as últimas semanas e tras unha reunión de traballo co Concello de Oleiros, acordouse reforzar as frecuencias nos momentos do día nos que se vén rexistrando unha maior demanda na conexión entre esta área e A Coruña.

Entre os axustes propostos para dar resposta ás demandas do Concello de Oleiros, restablécense tres frecuencias ao día que dan servizo á urbanización de Rialta á primeira hora da mañá e ao final do día.

Dos sete servizos que se incorporan de luns a venres á oferta do autobús interurbano neste corredor, cinco conectan A Coruña e Sada con paradas nas parroquias de Carnoedo e Veigue, en Sada, e dous forman parte de liñas entre A Coruña e Lorbé, en Oleiros.

Á primeira hora da mañá actívase un servizo ás 8.35 horas de Lorbé á Coruña e adiántase ás 7.20 horas o primeiro servizo Sada-Carnoedo-Entrexardíns para incorporar no seu itinerario a urbanización de Rialta, onde se melloran as frecuencias nesta franxa horaria con estes dous servizos.

Na franxa horaria do mediodía, sumarase un servizo de Sada á Coruña ás 13.00 horas e outro da Coruña a Sada ás 14.00 horas.

Pola tarde, reactívanse catro expedicións, dúas por sentido. De Sada a Entrexardíns sairán ás 18.30 e ás 21.00 horas. No sentido contrario, sairá de Entrexardíns un servizo cara a Sada ás 20.00 horas e outro ás 21.55 horas ata Lorbé, con parada en Rialta. Grazas a isto xa non será preciso o transbordo nestes horarios nas lanzadeiras entre Lorbé e Sada, reactivándose os servizos directos entre A Coruña e Sada.

A posta en marcha das frecuencias acordadas requiriu axustes noutros servizos para optimizar a súa coordinación, así como adiantos horarios de entre cinco e dez minutos en catro expedicións.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344673 {"title":"A Xunta reforza sete servizos de autobús entre A Coruña, Oleiros e Sada en horarios de maior ocupación","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344673"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344673-xunta-reforza-sete-servizos-autobus-coruna-oleiros-e-sada-horarios-maior-ocupacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.