A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

Imagen del artículo A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse na primeira quincena de novembro
  • Celebraranse probas válidas para todas as clases de transporte e especializadas en diferentes mercadorías: explosivos, gases, materias radioactivas, sólidas ou líquidas

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024 

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das probas de obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, para este ano.

Celebraranse probas válidas para todas as clases de transporte e especializadas segundo o tipo de mercadorías: materias e obxectos explosivos, gases, materias radioactivas, sólidas e líquidas ou líquidas inflamables, entre outras.

As persoas aspirantes poderán presentarse a unha ou varias das probas convocadas, tanto á modalidade de transporte por estrada ou por ferrocarril, como para unha das especialidades citadas.

No enlace ao DOG pódese acceder á toda a información e aos modelos de formularios que se deben presentar para concorrer ás probas. Estas solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes, a contar a partir de mañá. Os formularios achegaranse preferiblemente por vía electrónica a través da ligazón https://sede.xunta.gal.

Os profesionais e persoas que precisen dispoñer deste certificado ou renovalo deberán efectuar os exames correspondentes.

A proba que deben superar as persoas aspirantes na modalidade de obtención do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas constará de dous exercicios: o primeiro, consiste en responder 50 preguntas tipo test; o segundo céntrase en supostos sobre as tarefas do conselleiro, con referencia ao ámbito do modo do transporte e á especialidade correspondente. No caso das persoas aspirantes na modalidade de renovación do citado certificado, deberán responder a 50 preguntas tipo test.

Os exames celebraranse na primeira quincena do mes de novembro, se ben a data dou datas de realización, así como os cadros de horarios acordados polo tribunal, publicaranse no DOG cunha antelación mínima de quince días naturais á data ou datas elixidas.

Nesta publicación o tribunal tamén completará as instrucións de funcionamento e desenvolvemento das probas coas indicacións que resulten adecuadas para garantir a súa correcta operatividade, sen prexuízo das que, para o mesmo fin, poida adoptar no mesmo momento da súa realización.

Concluídos os exercicios, as relacións de respostas que o tribunal estime correctas serán publicadas na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en concreto, na sección de formación relacionada co ámbito da mobilidade: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/formacion-profesionais-transporte/convocatorias.

Exixencia de certificado

Cómpre lembrar que a Directiva europea 2008/68/CE, exíxelles ás empresas que transporten mercadorías perigosas ou efectúen operacións de carga e descarga, dispoñer polo menos dun conselleiro de seguridade encargado de contribuír á prevención dos riscos que implican estas actividades. O mesmo recolle o Real decreto 1566/1999, do 8 de outubro.

Ademais, o Real decreto 97/2014 establece que, para exercer as funcións de conselleiro de seguridade, o conselleiro deberá superar previamente un exame sobre as obrigacións que lle correspondan e as materias que lle sexan aplicables na normativa sobre mercadorías perigosas.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344672 {"title":"A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344672"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344672-xunta-convoca-as-probas-obter-ou-renovar-certificado-conselleiro-seguridade-transporte-mercadorias-perigosas-estrada-ou-ferrocarril https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.