A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a necesidade de doar sangue na ponte festiva de xullo

Imagen del artículo A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a necesidade de doar sangue na ponte festiva de xullo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • ADOS salienta a solidariedade da sociedade galega nas xornadas previas á celebración do Día de Galicia e transmite o agradecemento de toda a sociedade galega á figura dos doantes

Santiago de Compostela, 23 de xullo 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra a necesidade de doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva do mes de xullo, xa que, todos os días son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue para posibilitar o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos.

Ao longo da presente semana, as unidades móbiles de ADOS están a realizar campañas de doazón de sangue en máis de 30 concellos co obxectivo de facilitar o acceso ao solidario xesto da doazón ao maior número de cidadáns. Deste xeito, ao longo da presente semana será posible doar sangue en:

Data

Concellos

Martes 23 de xullo

A Laracha, Melide, Narón, Negreira, Oza dos Ríos, Ribadeo, O Barco de Valdeorras, Gondomar, O Grove e Rúa Príncipe (Vigo)

Mércores 24 de xullo

A Laracha, Ames, Camariñas, Ortigueira, Praza Roja (Santiago), Praza Maior (Lugo), O Barco de Valdeorras, Zona Ferraría (Pontevedra), Salvaterra de Miño e Barrio Residencial Navia (Vigo)

Venres 26 de xullo

Cantón-Obelisco (A Coruña), Cee, Narón, Santa Cruz de Ribadulla, Rianxo, Vilalba, Celanova, A Estrada, Tui e Barrio O Calvario (Vigo)

Sábado 27 de xullo

Urb. La Barcala (Cambre), Rianxo, Centro Comercial As Termas (Lugo), A Estrada e Tui

ADOS quere salientar a importancia de aumentar a participación nas campañas de doazón de sangue nos meses de verán, un período especialmente sensible, xa que os meses estivais presentan dificultades engadidas para manter estable o volume de doazóns de sangue necesarias para o mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos. Ademais, a deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións, fai preciso reforzar o permanente chamamento apelando á solidariedade que a Axencia traslada á cidadanía.

Agradecemento aos doantes

Desde a Axencia, co gallo da celebración do Día de Galicia, queremos facer un recoñecemento público á figura dos doantes de sangue, xa que xogan un papel fundamental no sostemento do noso sistema público de saúde. Grazas á solidariedade de miles de galegos e galegas, resulta posible a realización de intervencións cirúrxicas, transplantes de órganos, realización de tratamentos a doentes oncolóxicos,...

No ano 1993, Galicia iniciaba a recollida de doazóns de sangue en unidades móbiles e, desde entón, téñense recollido preto de 3.300.000 doazóns de sangue. Deste xeito, a nosa Comunidade pasou de ser a última en índice de participación a encabezar os rankings de solidariedade. Neste eido, salientar que Galicia é a quinta Comunidade Autónoma en índice de doazón de sangue, cunha participación tres puntos por riba da media nacional de doazón de sangue.

ADOS quere amosar o seu agradecemento a todos os cidadáns que contribúen coa súa doazón a salvar vidas, xa que a doazón de sangue representa, para moitos enfermos, un xesto indispensable que permite solucionar graves problemas de saúde.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344669 {"title":"A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue lembra a necesidade de doar sangue na ponte festiva de xullo","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344669"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344669-axencia-doazon-organos-e-sangue-lembra-necesidade-doar-sangue-na-ponte-festiva-xullo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.