A Xunta continúa a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra no Museo do Mar de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destaca na inauguración que a exposición que "fai moi doado coñecer e comprender a traxectoria da escritora desde moi diversos puntos de vista"
  • O percorrido consta de 14 paneis con textos divulgativos, seis vitrinas con pezas orixinais e un vídeopoema recitado pola creadora
  • Esta é unha das múltiples propostas que ofrece a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude este verán co programa 'CulturON'

Vigo, 22 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a mostra Luísa Villalta. A música das palabras, coa que a Xunta segue a contribuír na difusión do legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

A exposición componse de 14 paneis divulgativos que transportan ao visitante polos fitos máis importantes da vida e obra da coruñesa. A eles súmanse seis vitrinas con pezas orixinais relacionadas coa protagonista e un vídeopoema recitado pola propia creadora. Un repaso que, segundo resaltou Anxo M. Lorenzo, "fai moi doado coñecer e comprender a traxectoria de Luísa Villalta desde moi diversos puntos de vista, desde a súa infancia e a súa etapa universitaria á súa evolución no eido musical, os seus primeiros escritos e o seu labor intelectual, activista e docente".

Neste senso, lembrou, a proposta que chega agora a Vigo e que xa puido verse na Coruña entre maio e xuño, pretende "continuar celebrando a figura da escritora ao longo do territorio galego, poñendo en valor e achegando á sociedade a gran aportación que deixou na nosa cultura".

A exposición, comisariada por Xesúz Domínguez Dono e enmarcada na programación do CulturON da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pode visitarse ata o 25 de agosto no horario habitual de apertura do Museo do Mar de Galicia (martes a domingo e festivos de 11,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 20,30 horas).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
343076 {"title":"A Xunta continúa a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra no Museo do Mar de Galicia","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105981-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"343076"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/343076-xunta-continua-difundir-legado-luisa-villalta-cunha-mostra-museo-do-mar-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.