A Xunta adxudica por máis de 5,7 millóns de euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta intervención no treito Mollavao-Praceres permitirá executar 3,5 quilómetros de itinerario pola marxe dereita da PO-546, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil
  • As obras contarán cun prazo de execución de 18 meses e o obxectivo e inicialas a principios do outono
  • Na intervención destaca a redución da velocidade dos vehículos coa execución dunha glorieta á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, facilitando o cambio de sentido e o acceso ao aparcadoiro disuasorio en execución

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 5.732.193 euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín, na coñecida como a estrada vella de Marín, no treito Mollavao-Praceres.

Esta intervención, adxudicada á Unión Temporal de Empresas UTE S0S.A.U-Oresa Construcción y Servicios Globales S.L., posibilitará habilitar un itinerario de 3,5 quilómetros de lonxitude pola marxe dereita da PO-546, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros,  que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil.

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e o obxectivo e iniciar as obras no inicio do outono. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses.

As obras obxecto do contrato que se vén de adxudicar prestarán especial coidado á seguridade e obrigará a reducir a velocidade dos vehículos, grazas á glorieta que se construirá á altura do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Esta glorieta facilitará, ademais, o cambio de sentido dos vehículos que proceden de Marín e que queren acceder ao aparcadoiro disuasorio, tipo carpooling, que se está construíndo apoiándose na traza da propia senda, na contorna do quilómetro 2+800 da PO-546.

Na obra incluirase a mellora tamén das paradas de transporte público, así como na renovación da iluminación do treito e a construción de dúas pasarelas, unha de máis de 120 metros sobre o rego de Louriñas e outra de 45 metros sobre O Sartán. Esta actuación complementase coas obras xa executadas na mesma PO-546 tanto no treito urbano de Marín, coma en Estribela, Pontevedra.

Este contrato conta con cofinanciación da Unión Europea, con fondos do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
342609 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 5,7 millóns de euros a execución das obras da senda que unirá Pontevedra con Marín","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105804-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"342609"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/342609-xunta-adxudica-mais-5-7-millons-euros-execucion-das-obras-da-senda-unira-pontevedra-marin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.