O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M€, case o 90 % do publicado

Imagen del artículo O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M€, case o 90 % do publicado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que ademais Galicia "é a comunidade con maior tasa de resolución" dos fondos europeos, segundo datos do Ministerio de Economía
  • Subliña que "máis de 53.000 persoas e máis de 5.000 entidades" se beneficiaron xa desta financiación na comunidade

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou esta mañá de que a Xunta xa adxudicou 1.027 millóns de euros do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, case o 90% do importe publicado en convocatorias e licitacións.

Ademais, a boa execución en Galicia tamén a confirma os datos do Ministerio de Economía, que indican, segundo sinalou Calvo, "Galicia é a comunidade con maior taxa de resolución dos fondos MRR: un 78,8%" (22,2 puntos máis que a media das CC.AA. e 20,2 puntos máis que a AXE).

Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á Comunidade por PIB per cápita. Desa cantidade, a Xunta ten ingresados 1.453 M€. Hai que lembrar que estes fondos se poden executar ata o ano 2026.

Na práctica, tal e como explicou o conselleiro, a Xunta está dando apoios " amáis de 53.000 persoas e 5.000 empresas ou entidades locais" a través destes fondos.  As actuacións concéntranse nas compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia relacionadas coa mobilidade sostible, as enerxías renovables, as políticas públicas para o mercado de traballo, a renovación e ampliación do Sistema Nacional de Saúde, a implantación da Axenda Urbana, a dixitalización, a modernización do sistema educativo, a economía dos coidados e a inclusión social.

Pola súa banda, a dotación dos PERTE, cos que se financian os proxectos transformadores público-privados, dos máis de 41.000 M€ anunciados e de xestión exclusiva do Goberno central, só se publicaron 20.593 M€, é dicir, o 50 %. A contía das resolucións ascende a 12.136 M€, o 59 % do publicado, destinándose só un 5,5 % a proxectos en Galicia (675 M€).

 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
342606 {"title":"O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M€, case o 90 % do publicado","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"342606"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/342606-importe-adxudicado-dos-fondos-do-mecanismo-recuperacion-e-resiliencia-pola-xunta-supera-os-1-000-m-case-90-do-publicado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.