A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas en Ourense

Imagen del artículo A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas en Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O episodio prevese que comece ao mediodía deste martes con máximas de ata 39 graos nas zonas sur e Miño da provincia 
  • A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.axega112.gal

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes vén de activar para mañá a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas Sur e Miño de Ourense. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), trátase dun fenómeno meteorolóxico que se espera que comece arredor do mediodía con temperaturas máximas de ata 39 graos. 

A zona do Miño ourensán xa está esta tarde en nivel amarelo por temperaturas de ata 36 graos. Mañá, ademais, activarase o nivel amarelo por máximas de 38 graos na zona de Valdeorras, así como nas Rías Baixas e zona do Miño da provincia de Pontevedra, onde se alcanzarán máximas de 34 graos.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais; e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manter unha hidratación adecuada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. 

Por último, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
341983 {"title":"A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por altas temperaturas en Ourense","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105516-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"341983"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/341983-xunta-activa-mana-unha-alerta-laranxa-altas-temperaturas-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.