Máis de 60.000 persoas de 18 países asistiron ás dúas citas do Gozo Festival no Monte do Gozo co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os concertos de Ed Sheeran e o festival de música electrónica BBF celebrados o 6 e 13 de xullo ofreceron concertos de 19 artistas e máis de 17 horas de música 
  • Turismo de Galicia impulsa esta cita no seu obxectivo de apoiar grandes eventos que atraian ao destino distintos tipos de público e se convertan en efecto tractor para reforzar a imaxe de Galicia nacional e internacionalmente

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024

O Gozo Festival, unha das grandes citas musicais e turísticas que apoia a Xunta de Galicia para reforzar a marca como destino, logrou reunir na súa segunda edición máis de 60.000 persoas entre as dúas citas celebradas no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela este ano. O público asistiu desde 18 países diferentes de lugares como Irlanda, México, Finlandia ou Xapón.

Promovido por Live Nation e Sweet Noctura co apoio de Turismo de Galicia, o Gozo Festival ofreceu concertos de 19 artistas e máis de 17 horas de música nas dúas citas que se celebraron no Monte do Gozo. O 6 de xullo foi a quenda de Ed Sheeran, que chegaba por primeira vez a Galicia, nunha xornada na que tamén se puido gozar de artistas como os colombianos Bomba Estéreo, a chilena-mexicana Mon Laferte, os alemáns Milky Chance, a italiana Angelina Mango ou as galegas Fillas de Cassandra. 

O 13 de xullo o Monte do Gozo acolleu tamén o BBF, festival de música electrónica que reuniu tamén miles de seguidores de diferentes dj's como Armin Van Buuren, Marshmello, Claptone, Hardwell, Timmy Trumpet ou Fedde le grand. 

Tamén este ano incluiu os concertos de The Warning en Santiago de Compostela, os americanos Queens of The Stone e os mexicanos Maná na Coruña, así como a canadiense Loreena McKennitt en Vigo. O Gozo Festival traerá tamén en decembro a Rod Steward ao Coliseum da Coruña e trabállase na programación de 2025 confirmando xa a primeira actuación coa americana Anastacia no Auditorio do Mar de Vigo en marzo do 2025.

A Xunta de Galicia apoia o Gozo Festival desde a súa primeira edición no seu obxectivo por promover e apoiar grandes eventos musicais que sexan quen de atraer distintos tipos de público e que poidan converterse en efecto tractor para o turismo e reforzar a imaxe de Galicia nacional e internacionalmente.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
341729 {"title":"Máis de 60.000 persoas de 18 países asistiron ás dúas citas do Gozo Festival no Monte do Gozo co apoio da Xunta","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105742-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"341729"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/341729-mais-60-000-persoas-18-paises-asistiron-as-duas-citas-do-gozo-festival-monte-do-gozo-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.