A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense

Imagen del artículo A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Iniciaranse traballos de roza nas autovía Ferrol-Vilalba, na Coruña; e nas estradas LU-533, ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao; e na OU-402, en Castrelo de Miño
  • Estas intervencións forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de 4 M€ en dous anos

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas ao paso polas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

No caso da provincia da Coruña, as novas actuacións levaranse a cabo na autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), ao seu paso polos concellos de Narón e San Sadurniño.

Tamén comezarán os traballos de roza e limpeza na estrada LU-533 no seu percorrido polos concellos de Chantada e O Saviñao, e na OU-402, en Castrelo de Miño, Ourense.

Continuarán, ademais, as intervencións que están en marcha en distintas vías autonómicas da provincia de Lugo: na vía de altas prestacións CG-2.3 e na estrada autonómica LU-862, en Viveiro e Xove; na CG-2.1, ao seu paso por Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; e na vía CG-2.2, nos concellos de O Páramo e Sarria.

En canto á provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións na comarca do Morrazo, na CG-4.1 e na autovía AG-4.6, que unen os municipios de Moaña e Cangas.

Ademais, no caso da provincia de Ourense, continuarán as tarefas na estrada OU-801 no municipio de Ribadavia e en Pontebarxa, no municipio de Padrenda.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta, tralo recente incremento de 1 M€; cun investimento total de 4 M€ para os dous próximos anos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
339711 {"title":"A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense","published_date":"2024-07-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"339711"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-21/339711-xunta-comezara-vindeira-semana-traballos-limpeza-nas-marxes-tres-estradas-autonomicas-nas-provincias-da-coruna-lugo-e-ourense https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.