A Xunta inviste preto de 3 M€ en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución destas axudas, beneficiando a 20 concellos que contan con este instrumento de mobilización incluído na Lei de recuperación da terra agraria
  • As actuacións subvencionables a través desta liña de achegas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, redes de servizos ou servizos dixitais

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana a resolución das axudas para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cun orzamento bianual de preto de 3 millóns de euros, cos que se busca facilitar a execución dos proxectos en 20 municipios que contan con esta ferramenta de mobilización incluída na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. 

O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación.

As actuacións subvencionables a través desta liña de axudas son, entre outras, a rehabilitación de espazos públicos ou edificios destinados a servizos públicos, a mellora de vías públicas, as redes de servizos (alumeado, auga, saneamento, enerxía, comunicacións...), servizos asistencias e culturais ou a rehabilitación de elementos patrimoniais como hórreos, fontes, lavadoiros ou muíños. 

Neste sentido, estas achegas prestan especial interese á modernización dos núcleos rurais, polo que tamén se poderán empregar estas subvencións para dixitalizalos e implementar e-servizos mediante Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) específicas para a provisión de servizos no medio rural.

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240717/AnuncioO90-100724-0002_gl.html.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
339428 {"title":"A Xunta inviste preto de 3 M€ en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo","published_date":"2024-07-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105653-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"339428"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-21/339428-xunta-inviste-preto-3-m-proxectos-creacion-mellora-e-ampliacion-servizos-basicos-locais-aldeas-modelo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.