Anxo M. Lorenzo participa da Festa da Palabra na insua dos poetas con homenaxe a Méndez Ferrín

Imagen del artículo Anxo M. Lorenzo participa da Festa da Palabra na insua dos poetas con homenaxe a Méndez Ferrín

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Cultura destaca na celebración no Carballiño a "gran demostración da nosa riqueza cultural e literaria que supón este acto, cun valor engadido como é a contorna natural"

O Carballiño (Ourense), 20 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo destacou hoxe na décimo sexta edición da Festa da Palabra, que se celebra na Insua dos Poetas do Carballiño, a "gran demostración da nosa riqueza cultural, lingüística e literaria que supón este encontro xa emblemático no verán galego". Ademais, engadiu, "a contorna natural dálle un valor engadido a esta cita coa literatura, a arte e a música".

A Fundación Insua dos Poetas está presidida por Luis González Tosar e organiza durante a xornada un xantar na carballeira e diversas actividades. Este ano homenaxea a figura de Xosé Luis Méndez Ferrín e entrega os seus tradicionais premios á Agrupación Cultural Avantar e á televisión local Badal Novas. Ademais, recoñécese nas artes plásticas a Mercedes Gallego Esperanza; na música a Lucía Pérez; na cultura na emigración a Alberto López Barros e en acción social á Federación Autismo Galicia. 

Completan a programación desta festa a descuberta dunha escultura obra de Alberto Fernández e as actuacións musicais de Os Bregadiers, grupo de Parada do Sil, e da histórica formación ourensá Queixume dos Pinos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
338710 {"title":"Anxo M. Lorenzo participa da Festa da Palabra na insua dos poetas con homenaxe a Méndez Ferrín","published_date":"2024-07-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"338710"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-20/338710-anxo-m-lorenzo-participa-da-festa-da-palabra-na-insua-dos-poetas-homenaxe-mendez-ferrin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.