A Xunta avalía co concello de Salvaterra de Miño vías de colaboración en materia de augas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente vías de colaboración en materia de augas.

Nesa liña, analizaron a situación do proxecto de mellora das infraestruturas de saneamento da localidade. Así, a conselleira informou á rexedora da previsión de adxudicar antes de que remate o ano as obras para construír unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) no río Mendo, que foron licitadas o pasado mes de maio cun orzamento de 1,9 millóns de euros e que serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

E, no que atinxe ao abastecemento, Marta Valcárcel trasladoulle a Ángeles Vázquez a necesidade de levar a cabo tamén melloras na rede de abastecemento. Máis polo miúdo, subliñou que sería preciso un novo vaso no actual depósito de auga para garantir o abastecemento no verán e solucionar o problema que xeran as roturas nas conducións. A conselleira explicou que Augas de Galicia estudará o proxecto cando sexa remitido polo Concello.

Cómpre indicar que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
338709 {"title":"A Xunta avalía co concello de Salvaterra de Miño vías de colaboración en materia de augas","published_date":"2024-07-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104197-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"338709"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-20/338709-xunta-avalia-co-concello-salvaterra-mino-vias-colaboracion-materia-augas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.