A Xunta recibe catro ofertas para a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de máis de 11 millóns de euros

Imagen del artículo A Xunta recibe catro ofertas para a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de máis de 11 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • En total construiranse 50 novas vivendas, 106 prazas de garaxe e 4 locais de uso comercial na parcela Z-38, que ten unha superficie aproximada de 1.600 m2

Santiago de Compostela 20 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa avanzando na tramitación do contrato para a construción de 50 novas vivendas de promoción pública na parcela Z-38 de Xuxán, na Coruña.

Con tal motivo, a mesa de contratación reuniuse para a apertura das ofertas presentadas a estas obras, licitadas por máis de 11 millóns de euros. Son catro as empresas que optan á construción das vivendas.

Trátase de construír 50 vivendas, 106 prazas de garaxe e 4 locais de uso comercial na parcela Z-38.

En concreto, a nova promoción obxecto desta licitación emprazarase nunha parcela cunha superficie de 1.600 metros cadrados. O inmoble coas 50 vivendas disporá de tres plantas subterráneas, onde se sitúan os garaxes, rochos e espazos para as instalacións, e dunha planta baixa, onde se localizan os portais de acceso ás vivendas, locais comerciais e locais de instalacións comúns.

Nas cinco plantas altas haberá 50 vivendas. En total, o edificio terá 36 vivendas de 3 dormitorios (entre 87,25 e 90,60 metros cadrados útiles, das cales 2 estarán adaptadas para persoas con mobilidade reducida), 7 con 4 estancias (entre 112 e 114 metros cadrados útiles) e 7 con 2 dormitorios (entre 70,45 e 72,50 metros cadrados útiles).

Na planta baixa sitúanse os portais de acceso, os locais comerciais, o local comunitario, as salas de instalacións e parte da reserva de espazo para os residuos.

As obra son financiadas en preto do 75% con fondos propios da Xunta, e contan con fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
338708 {"title":"A Xunta recibe catro ofertas para a construción de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de máis de 11 millóns de euros","published_date":"2024-07-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"338708"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-20/338708-xunta-recibe-catro-ofertas-construcion-50-vivendas-promocion-publica-xuxan-na-coruna-cun-investimento-mais-11-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.