A Xunta comeza as obras para a construción dun novo aparcadoiro de 19 prazas nun treito en desuso da estrada PO-400, no concello de Arbo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos foron contratados por máis de 48.000 € e avanzan a bo ritmo
  • O novo aparcadoiro conectará coa senda da PO-400 rematada pola Xunta en febreiro deste ano, que contou cun investimento de máis de 1 M€

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2024

A Xunta vén de iniciar as obras de execución dun aparcamento nun treito en desuso da estrada autonómica PO-400, no concello de Arbo.

Os traballos, que foran adxudicados á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Portela S.L. por 48.398€, avanzan a bo ritmo.

Cómpre sinalar que o novo aparcadoiro conectará coa senda da PO-400 rematada pola Xunta en febreiro deste ano, que contou cun investimento superior a 1 M€. A citada intervención desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, co obxectivo de garantir os desprazamentos cómodos e seguros dos veciños.

No caso do aparcadoiro, permitirá habilitar 17 prazas para vehículos lixeiros, sendo unha delas para persoas con mobilidade reducida, e dúas prazas a maiores para autobuses. Ademais, a zona de estacionamento contará cunha área de cambio de sentido e un espazo para tránsito peonil.

As obras implicarán unha importante actuación nos firmes, que no caso da senda peonil contarán cun pavimento de formigón en masa reforzado de 18 cm de espesor. Na zona que coincide coa plataforma do viario existente, procederase a realizar un fresado de 5 cm para repoñer, posteriormente, con aglomerado en quente.

Por outra banda, na zona do aparcamento, e coa finalidade de lograr unha mellor integración estética e paisaxística coa contorna da zona, utilizarase unha capa de solo cemento de 25 cm de espesor.

A intervención completarase coa sinalización vertical e horizontal e a Instalación dun novo punto de luz, incluíndo cableado eléctrico desde o punto de conexión.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
338667 {"title":"A Xunta comeza as obras para a construción dun novo aparcadoiro de 19 prazas nun treito en desuso da estrada PO-400, no concello de Arbo","published_date":"2024-07-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278588\/_LAN4742.jpg","id":"338667"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-20/338667-xunta-comeza-as-obras-construcion-dun-novo-aparcadoiro-19-prazas-nun-treito-desuso-da-estrada-po-400-concello-arbo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.