A Xunta licita a construción de 58 vivendas, con técnicas industrializadas, en San Paio de Navia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O investimento total supera os 13M€
  • Trátase de dous grupos de 37 e 21 vivendas nas que se aplicarán técnicas de construción industrializadas

Santiago de Compostela 19 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas investirá máis de 13M€ na redacción de proxecto e construción de 58 vivendas de promoción pública que se levantarán nas parcelas M-IVB-20 e M-IVB-21 de San Paio de Navia, en Vigo, cuxo contrato ven de licitar.

A licitación inclúe dous lotes. Un prevé a construción de 37 vivendas na parcela M-IVB-20, e o outro 21 vivendas na parcela M-IVB-22.

Estas dúas obras son as primeiras de San Paio de Navia que se realizarán con técnicas industrializadas

Así, é obrigada a aplicación de técnicas construtivas industrializadas, o cal se realizará analizando os diferentes e principais sistemas existentes no sector e valorando a mellor relación calidade-prezo, considerando na devandita relación o grao de industrialización e a optimización para a súa aplicación particular en San Paio.

Neste sentido, a execución das obras de edificación levarase a cabo mediante novas técnicas de construción industrializada, aplicando unha ou varias patentes, que permitan axuntar arquitectura con prefabricación, nunha relación que permita optimizar (en prazo, en prezo, en sustentabilidade, en seguridade e/o en calidade e mellor uso e mantemento durante a vida útil do inmoble) a referida promoción.

Entre as técnicas industrializadas que se inclúen nas bases da licitación está o emprego de madeira, tanto na estrutura dos inmobles como en outros elementos dos mesmos.

A construción industrializada é o motivo polo que se inclúe no mesmo contrato a redacción do proxecto e a construción das vivendas.

O financiamento da obra corresponde nun 84,42% a fondos da comunidade autónoma en un 15,58% a fondos da Unión Europea (Plan de recuperación, transformación e resiliencia)

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
337338 {"title":"A Xunta licita a construción de 58 vivendas, con técnicas industrializadas, en San Paio de Navia","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105366-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"337338"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/337338-xunta-licita-construcion-58-vivendas-tecnicas-industrializadas-san-paio-navia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.