A Xunta licita por preto de 23 millóns de euros o contrato de subministro de suturas mecánicas con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A duración inicial deste contrato é de 3 anos, recollendo a posibilidade de ser prorrogado por 2 anos máis, acadando neste caso os 37,8 millóns de euros
  • O expediente para adquisición de suturas cirúrxicas inclúe dispositivos, grampas e clips que permiten unións seguras e precisas, con menor risco de contaminación e redución dos tempos operatorios

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

O Portal de Contrato Públicos de Galicia publicou o anuncio de licitación do contrato de subministro sucesivo de suturas mecánicas para as sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, por un importe de  22.950.581 euros. 

As empresas subministradoras deste material sanitario poderán concorrer neste procedemento aberto presentando as súas ofertas ata o vindeiro 30 de agosto.

Esta é a primeira contratación centralizada deste tipo material coa que o Executivo galego agarda obter un aforro de 390.773 euros ao ano (unha redución media do 5% respecto aos prezos actuais).

A duración inicial do contrato será de 3 anos, podendo ser prorrogado durante 24 meses máis, acadando neste caso un importe de 37,8 millóns de euros.

Distribuído en 21 lotes, o expediente inclúe a adquisición daqueles produtos necesarios para realizar suturas cirúrxicas mediante o uso de dispositivos, grampas e/ou clips, destinados á unión de órganos internos, vasos sanguíneos e pel. Así, o seu emprego é habitual en intervencións cirúrxicas gastrointestinais, torácicas, xinecolóxicas ou bariátricas, entre outras.

Mediante estes dispositivos, a sutura dos tecidos realizase dun xeito seguro e preciso,  proporcionando un menor traumatismo, un menor risco de contaminación polo contido das vísceras, a redución de tempos cirúrxicos e a diminución de complicacións postoperatorias.

O Servizo Galego de Saúde continúa a optimizar ao máximo os recursos económicos e materiais dos que dispón. Así, o sistema de compra centralizada garante a redución dos custos e o acceso aos contratos, especialmente, de pequenas e medianas empresas fabricantes e distribuidoras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
336923 {"title":"A Xunta licita por preto de 23 millóns de euros o contrato de subministro de suturas mecánicas con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105290-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"336923"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/336923-xunta-licita-preto-23-millons-euros-contrato-subministro-suturas-mecanicas-destino-aos-centros-sanitarios-do-servizo-galego-saude https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.