Dez concellos da provincia de Ourense constituirán unha comunidade enerxética local co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe cos alcaldes dos municipios adheridos a esta iniciativa
  • Trátase dos concellos de Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo, que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou)
  • Esta axuda financia a contratación da subministración centralizada de electricidade a través da Central de Contratación de Adercou
  • Contempla, entre outras medidas, a instalación de paneis fotovoltaicos nas dependencias dos dez concellos adheridos, cunha potencia de 1,13 MWp que xerarán uns 1.285 MWh, equivalente ao 13% do seu consumo de electricidade

Ourense, 19 de xullo de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe cos alcaldes dos dez concellos da provincia de Ourense que van constituír unha comunidade enerxética local ao amparo das axudas que a Xunta convocou o pasado ano a través do Instituto Enerxético de Galicia por importe de 1,4M€.

En concreto trátase dos concellos de Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo, que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou).

Esta axuda financia a contratación da subministración centralizada de electricidade a través da Central de Contratación de Adercou. Contempla, en primeiro lugar, a instalación de paneis fotovoltaicos nas dependencias dos dez concellos adheridos, cunha potencia de 1,13 MWp que xerarán uns 1.285 MWh, equivalente ao 13% do seu consumo de electricidade.

Ademais, en sete dos municipios, prevese adaptar as caldeiras de gasóleo con sistemas de bombas de calor aerotérmicas. E, xunto con isto, as axudas tamén cobren a instalación dun punto de recarga e a compra dun vehículo eléctrico.

O investimento previsto para esta actuación supera os 177.000 euros e a axuda outorgada é de máis de 122.500 euros.

Poden acollerse a este acordo marco calquera entidade local pertencente á provincia de Ourense, así como os seus entes dependentes, co único requisito de adherirse á Central de Contratación a través do convenio vixente.

O obxectivo é reducir a factura eléctrica das entidades adheridas, no marco dunha política de fomento do autoconsumo enerxético tanto en empresas como na administración pública que a Xunta está a desenvolver a través do Inega.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
336919 {"title":"Dez concellos da provincia de Ourense constituirán unha comunidade enerxética local co apoio da Xunta","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278579\/_LAN3926.jpg","id":"336919"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/336919-dez-concellos-da-provincia-ourense-constituiran-unha-comunidade-enerxetica-local-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.