A Xunta financia con 550.000 euros oito proxectos de acción humanitaria no exterior

Imagen del artículo A Xunta financia con 550.000 euros oito proxectos de acción humanitaria no exterior

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE vén de publicar a resolución coas axudas a seis organizacións non gobernamentais
  • Financiaranse proxectos en Honduras, República Dominicana, Palestina, Uganda, Mozambique e Ucraína

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

A Xunta destinará 550.000 euros a financiar oito proxectos de acción humanitaria no exterior, segundo a resolución que se vén de publicar no portal da Cooperación Galega.

As oito organizacións non gobernamentais beneficiarias desta convocatoria, realizada en réxime de concorrencia competitiva, e que recibirán as axudas son Solidariedade Internacional de Galicia, a Asociación Comité Español da UNRWA, Médicos do Mundo, Asemblea de Cooperación pola Paz, Entreculturas Fé e Alegría, Ayuda en Acción, Rescate Internacional e Tierra de Hombres.

Os proxectos beneficiados desenvolveranse en Honduras, República Dominicana, Palestina, Uganda, Mozambique e Ucraína. Entre outras, desenvolveranse accións para brindar protección ás persoas migrantes e refuxiadas, para garantir o dereito á saúde da poboación palestina, para paliar os efectos do conflito en cabo Delgado, Mozambique, e para mellorar a educación de nenos e nenas en Ucraína.

Enténdense por proxectos de acción humanitaria aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises, así como a previr e reforzar a capacidade de resposta cando se produzan estas situacións.

A presentación e aprobación destas propostas enmárcanse nun contexto internacional de conflitos e de desprazamentos de poboacións en varias rexións do mundo, o que influíu nas características dos proxectos avaliados presentados e aprobados este ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
336214 {"title":"A Xunta financia con 550.000 euros oito proxectos de acción humanitaria no exterior","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105346-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"336214"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/336214-xunta-financia-550-000-euros-oito-proxectos-accion-humanitaria-exterior https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.