Galicia lidera a excelencia sanitaria tras ser recoñecida con oito galardóns nos Premios Best in Class

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Sanidade foi recoñecida pola súa traxectoria na categoría de Calidade na Atención do Paciente
  • Os complexos hospitalarios da Coruña, de Santiago de Compostela e de Pontevedra acapararon os galardóns que recibiu a Sanidade galega nesta edición dos galardóns
  • Os premios Best in Class recoñecen publicamente os mellores centros sanitarios, servizos e unidades asistenciais do territorio nacional, tanto públicos como privados, na procura da excelencia na atención que prestan aos seus pacientes

Pontevedra, 18 de xullo de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, participou este mediodía na entrega dos Premios Best in Class, uns galardóns que recoñecen, con 8 galardóns concedidos, a calidade dos servizos, as unidades e os centros sanitarios públicos cos que conta a sanidade galega.

O acto celebrouse no Hospital Público de Montecelo, en Pontevedra, e contou coa participación, entre outros, do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo Silva, e do xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores.

Durante a súa intervención, o conselleiro Gómez Caamaño destacou o traballo e dedicación dos profesionais que desempeñan o seu labor no Servizo Galego de Saúde xa que a súa "eficiencia e excelencia clínica" confirman que "estamos nas mellores mans".

Promovidos pola publicación Gaceta Médica e a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidade Rey Juan Carlos, os Premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer publicamente os mellores centros nacionais de atención primaria e hospitalaria, así como os seus servizos e unidades, na procura da excelencia sanitaria.

"Isto non é froito da casualidade, é o resultado dun traballo constante por acadar os mellores niveis de benestar", salientou Gómez Caamaño.

No acto de entrega de premios, o conselleiro recolleu o galardón outorgado á Consellería de Sanidade pola súa traxectoria na categoría de Calidade na Atención do Paciente.

Ademais, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela foi recoñecido con tres premios. O xefe do servizo de Pediatría, Federico Martinón recolleu o premio ao Mellor servizo de enfermidades infecciosas; o doutor Alfonso Varela recibiu o galardón ao Mellor servizo de cardioloxía; e o xefe do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación, Julián Álvarez Escudero, recolleu a mención de honra ao Mellor servizo de Medicina intensiva/UCI.

Pola súa banda, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra foi recoñecido como o Mellor hospital de Complexidade Alta e o centro de saúde de Bueu como o mellor Centro de Atención Primaria: Organización Integrada. Estes dous premios foron recollidos polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, en compaña de diversos membros do seu equipo directivo e de persoal sanitario desta área.

Por último, a Unidade da Dor do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, foi galardoada como o mellor servizo nacional nesta categoría. Recolleu o premio a súa coordinadora, Aurora de la Iglesia López. E o servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do CHUAC tamén foi distinguido nestes Best in Class, recollendo o premio a xefa deste servizo, Belén López Viñas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
335014 {"title":"Galicia lidera a excelencia sanitaria tras ser recoñecida con oito galardóns nos Premios Best in Class","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104976-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"335014"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/335014-galicia-lidera-excelencia-sanitaria-ser-reconecida-oito-galardons-nos-premios-best-in-class https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.