A conselleira M. Allegue visita Betanzos, onde se rehabilitarán ata 40 vivendas ao abeiro do programa Barrios

Imagen del artículo A conselleira M. Allegue visita Betanzos, onde se rehabilitarán ata 40 vivendas ao abeiro do programa Barrios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Betanzos (A Coruña), 18 de xullo de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañou hoxe á ministra de Vivienda y Agenda Urbana, Isabel Rodríguez, na visita desta mañá ao Concello de Betanzos para supervisar actuacións realizadas ao amparo da Área de Rehabilitación (ARI).

A conselleira lembrou que para este ámbito do ARI a Xunta asignou no 2023 un orzamento de 700.000€ do programa Barrios que deberá executar o Concello. Este orzamento está financiado exclusivamente con fondos europeos, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Para a súa execución, asinouse un convenio pola Xunta de Galicia, o Ministerio e o Concello e no marco deste programa está prevista a rehabilitación de 40 vivendas.

M. Allegue salientou ademais as actuacións que a Administración autonómica está a desenvolver en Betanzos. Así, no marco do programa Rexurbe en Betanzos, a Xunta adquiriu 17 inmobles para desenvolver 22 vivendas, dos que xa están rehabilitados 10 (con 15 vivendas) e en obras están outros 5 inmobles (5 vivendas). Todas son vivendas públicas que se adxudican en réxime de alugueiro, "que conseguen recuperar o conxunto histórico e facilitar o acceso á vivenda a quen máis o necesita".

Así mesmo, quixo destacar "a colaboración entre as distintas administracións, neste caso do Ministerio e as administracións autonómica e local, necesaria para ese obxectivo común que temos, que é  facilitar a todos os cidadáns o acceso á vivenda digna, de calidade e accesible".

Por outra banda, apuntou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a rehabilitar dous inmobles no conxunto histórico, no marco del programa Rexurbe, que contan con financiamento con fondos MRR da Unión Europea.

A conselleira aproveitou o encontro da ministra para solicitar unha nova reunión na que abordar cuestións que ambas administracións teñen enriba da mesa, en especial a dotación de máis fondos, como os destinados ao Bono do Alugueiro da Mocidade e ás liñas de axudas para actuacións de mellora de eficiencia enerxética, para as que xa se recibiron 2.000 solicitudes en apenas uns días.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334622 {"title":"A conselleira M. Allegue visita Betanzos, onde se rehabilitarán ata 40 vivendas ao abeiro do programa Barrios","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104988-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334622"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334622-conselleira-m-allegue-visita-betanzos-onde-se-rehabilitaran-ata-40-vivendas-ao-abeiro-do-programa-barrios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.