Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros

Imagen del artículo Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O responsable autonómico adianta que os estudos para a mellora do peirao están a piques de rematarse; o que suporá dar solución ao problema que ocasionan as elevadas correntes na comporta interior 

Malpica (A Coruña), 18 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca o esforzo inversor da Consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros. Así o abordou co alcalde desta localidade, Eduardo Parga Veiga, nunha reunión de traballo, na que repasaron as actuacións executadas, a través de Portos de Galicia, e analizaron novas colaboracións, co fin de seguir impulsando a actividade pesqueira da zona.

Tal é así que unha das actuacións máis significativas e que foron postas enriba da mesa por ambos os dous dirixente foron os estudos que se están a realizar para a mellora do peirao, e que permitirán dar solución a un dos problemas que existen cada vez que se producen elevadas correntes, afectando notablemente á comporta interior do porto. 

A Confraría de Malpica plantexou en setembro aos técnicos de Portos de Galicia esta situación que está a requirir novos traballos de campo, como é a monitorización de certas zonas da dársena para toma de datos sobra a axitación e o efecto das correntes. Trátase dun labor que está a piques de rematar e, unha vez analizada, exporanse as conclusións. O investimento desta actuación ascende a 3 millóns de euros e súmase a outras previstas como é a instalación dunha báscula no exterior da lonxa para que os cerqueiros que descarguen de noite poidan pesar sen que os teña que atender o persoas ou a construción de novos departamentos para exportadores. Esta última iniciativa, cuxo proxecto está en redacción, dispón dun orzamento de 400.000 euros.

Con anterioridade, e grazas á colaboración da administración autonómica, tamén se procedeu á renovación de defensas e medios de amarre ou ao reforzo da estrutura da ponte de acceso á zona portuaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334621 {"title":"Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105032-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334621"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334621-alfonso-villares-destaca-esforzo-inversor-da-conselleria-do-mar-malpica-onde-se-levan-investidos-dende-2009-preto-9-millons-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.