A Xunta e o concello de Bande avalían actuacións para mellorar distintas instalacións de saneamento de augas no municipio

Imagen del artículo A Xunta e o concello de Bande avalían actuacións para mellorar distintas instalacións de saneamento de augas no municipio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, mantiveron hoxe un encontro no que abordaron posibles vías de colaboración para mellorar distintas instalacións de saneamento de augas existentes no municipio.

Entre outras, analizaron o proxecto para mellorar a eficiencia enerxética da instalación fotovoltaica que ten a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Bande así como a realización de melloras nos sistemas de depuración de Lebosandaus e Porto Quintela, no espazo natural Aquis Querquennis, onde se realizan diferentes actividades recreativas e didácticas relacionadas cos valores ambientais da zona.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático e a rexedora tamén abordaron o proxecto municipal para realizar melloras na fosa séptica da Granxa, actuacións que as partes esperan poder executar o antes posible.

Na mesma liña, tamén avaliaron posibles traballos noutras fosas sépticas do concello que requiren de melloras de acordo coa auditoría de saneamento realizada polo Goberno local en 2023 e que contou cunha axuda de Augas de Galicia.

A conselleira trasladoulle á alcaldesa que o Executivo autonómico continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334617 {"title":"A Xunta e o concello de Bande avalían actuacións para mellorar distintas instalacións de saneamento de augas no municipio","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334617"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334617-xunta-e-concello-bande-avalian-actuacions-mellorar-distintas-instalacions-saneamento-augas-municipio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.