A Xunta e a Fegamp retoman as reunións da comisión técnica para a delimitación das competencias autonómica e local

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu unha nova reunión deste organismo que está a avaliar as propostas de ambas administracións para clarificar que servizos debe asumir cada unha delas

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe xunto con representantes da Xunta e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha nova reunión da comisión técnica de delimitación competencial no ámbito da administración local de Galicia. Deste xeito, retómanse os encontros para continuar a clarificar as competencias de cada administración.

Tras a constitución deste organismo en abril do ano pasado celebráronse varias reunións co obxectivo de avaliar as propostas da Xunta -o Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia elaborado no marco dun acordo coa Universidade de Santiago (USC)- e a Fegamp.

Na reunión de hoxe designáronse novos membros da comisión. Ademais, o obxectivo é continuar a traballar para obter o máximo consenso posible na maioría das áreas que se están a abordar, polo que se prevé que a seguinte reunión se celebre o próximo 4 de  outubro para abordar as competencias en materia educativa, sanidade, emerxencias e do servizo de axuda ao fogar. A previsión é que o organismo se reúna cada dous meses.

A Xunta destaca que co traballo a través deste organismo trátase de, primeiro, valorar que competencias debe asumir cada administración e en que parte -Xunta, Goberno central, deputacións provinciais e entidades locais- e de forma rigorosa avaliar se cada unha está a asumir os seus compromisos, así como cuantificar canto custa a prestación de cada servizo e os recursos dispoñibles -en Galicia de media as contías son máis elevadas pola dispersión e o envellecemento da poboación-. En definitiva, a través desta comisión búscase evitar duplicidades coa finalidade última de garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334616 {"title":"A Xunta e a Fegamp retoman as reunións da comisión técnica para a delimitación das competencias autonómica e local","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104976-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334616"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334616-xunta-e-fegamp-retoman-as-reunions-da-comision-tecnica-delimitacion-das-competencias-autonomica-e-local https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.