Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo

Imagen del artículo Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral da Lingua participa na entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea en colaboración coa Xunta de Galicia, e que vai pola súa segunda edición  

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou a "oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo, promovendo accións para que contemos con obras divulgativas inspiradas nas Rutas". Así o indicou esta mañá na entrega do II Premio de Ensaio Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e que foi recibido por Laura Méndez Vergel pola obra O Camiño de Santiago: guía de guías.

Neste senso, Valentín García enxalzou a iniciativa da entidade, que lembrou, tamén impulsa outros dous certames, de narrativa e de poesía, relacionados coas rutas de peregrinación a Compostela. Así, subliñou o feito de "impulsar unha realidade tan importante para Galicia desde a perspectiva do intercambio cultural e do diálogo a través dos distintos xéneros literarios".

Laura Méndez Vergel

A premiada, Laura Méndez Vergel, é graduada en Historia da Arte pola Universidade de Salamanca e cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos na Universidade de Santiago de Compostela no 2019. Ademais, realizou estancias internacionais na Universidade de La Sorbona (París) e na de Toulouse-Jean Jaurés, formándose tamén no Museo da Fundación Catedral de Santiago y no Museo das Peregrinacións.

Segundo a autora, a obra premiada neste certame, que será publicada pola Editorial Galaxia, está baseada en catro conceptos: o individuo, as motivacións do Camiño, o Camiño en si e a creación, entendendo este fenómeno como un eixo para estudar outros tempos e ideas. 

O autor galardoado na primeira edición do Premio de Ensaio Camiño de Santiago foi o compostelán Jesús Curros Neira por Escenas, imaxes e sons do Camiño, unha obra na que realizou un repaso ao fenómeno xacobeo como fonte de inspiración de diferentes manifestacións artísticas ao longo da historia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
334610 {"title":"Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo","published_date":"2024-07-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"334610"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-18/334610-valentin-garcia-destaca-oportunidade-supon-galego-ter-presenza-fenomeno-xacobeo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.