Xosé Merelles salienta os valores do camiño e do fenómeno Xacobeo e a súa capacidade para xerar iconas que perduren no imaxinario colectivo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Participou esta tarde nun coloquio celebrado na Cidade da Cultura para presentar o libro de María José Alonso 'Zapatones, el eterno peregrino'

Santiago de Compostela (A Coruña), 17 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta tarde nun coloquio sobre a figura de Juan Carlos Lema Balsas, coñecido popularmente como Zapatones que serviu de marco para a presentación do libro de María José Lorenzo, Zapatones, el eterno peregrino. Xosé Merelles salientou a traxectoria dun "personaxe emblemático ligado á cultura xacobea, instalado no imaxinario colectivo" e agradeceu o traballo realizado pola xornalista que non só enxalza a figura senón que pon o acento sobre os valores que implica o Camiño e o fenómeno xacobeo, "unha marca indiscutible ligada a Galicia".

O director de Turismo de Galicia referiuse á obra de María José Lorenzo subliñando que "dignifica a súa historia (de Zapatones) de forma novelada, con pinceladas biográficas, construíndo un interesante relato que reivindica non só a súa figura, senón tamén o Xacobeo 93". Xosé Merelles lembrou coma o Xacobeo 93 "impulsou definitivamente o turismo en Galicia ligado ao fenómeno Xacobeo e puxo á nosa comunidade no mapa dunha España que avanzaba" ocupando un lugar á par de grandes acontecementos daqueles anos coma as Olimpíadas de Barcelona 92 e a Expo de Sevilla.

Neste punto, o director de Turismo de Galicia referiuse a Víctor Vázquez Portomeñe, presente tamén no acto, coma un dos artífices daquel Ano Santo que "foi o eixo, o motor do desenvolvemento do turismo e deunos unha patente de modernidade".

Xacobeo 2027

O director de Turismo de Galicia destacou o impacto social e económico que tivo o Camiño de Santiago en Galicia nos últimos 30 anos. Neste senso, destacou que hoxe o Xacobeo é "todo un referente sociocultural que implica a toda a Comunidade e nesa liña imos seguir traballando para encarar o próximo Xacobeo, o do ano 2027.

Ademais, lembrou que máis de 243.000 persoas xa recolleron a súa peregrina no que vai de ano, o que "representa un 15% máis que o ano pasado a estas alturas", e indica que o Camiño é "un motor indiscutible de dinamización turística da nosa Comunidade".

Durante a tertulia, moderada polo xornalista Moncho Lemos, na que tamén participaron a autora, o canciller da Archidiócese de Santiago, Elisardo Temperán e o editor do libro Gonzálo Sáenz coa presenza como convidado do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o director de Turismo de Galicia destacou que Zapatones está "vivo na historia recente do Camiño e do Xacobeo" pese a que moitos descoñecen a súa dura historia persoal. De neno foi entregado á Casa Cuna de A Coruña onde iniciou un periplo por centros de acollida de carácter relixioso para logo traballar como camareiro antes de converterse en Zapatones. Referíndose á autora, o director de Turismo de Galicia quixo agradecer o seu esforzo por enxalzar un personaxe tan popular pero tamén polo impulso que "que lle está dando á perspectiva espiritual do Camiño" e felicitouna pola excelente acollida que está a ter o libro.

Finalmente, Xosé Merelles concluíu destacando  tres aspectos resume do acto. Por un lado a importancia do Camiño de Santiago con todo o que significa en canto a súa historia, tradicións, personaxes e a cultura viva que desprende. Por outro, "a popularidade, a tenrura, o carácter afable dun personaxe que nos regalou as súas horas de vida, recibindo e compartindo experiencias con miles de peregrinos que culminaban o Camiño". E "o pasado brillante dun Xacobeo que encumbrou Galicia e que nos puxo no mapa dos grandes eventos en España e que ha de servirnos, dalgún modo, como espello no que mirarnos para revertelo en futuro e progreso para Galicia".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
333015 {"title":"Xosé Merelles salienta os valores do camiño e do fenómeno Xacobeo e a súa capacidade para xerar iconas que perduren no imaxinario colectivo","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/160724+Visita+Igrexa+San+Lazaro+da+Ponte+3.jfif","id":"333015"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/333015-xose-merelles-salienta-os-valores-do-camino-e-do-fenomeno-xacobeo-e-sua-capacidade-xerar-iconas-perduren-imaxinario-colectivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.