A Xunta e o Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia inician as xornadas de robótica para nenos ingresados nos hospitais públicos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Estas actividades realízanse no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas as partes, que prevé a realización de 14 obradoiros, 2 en cada área sanitaria
  • O Servizo Galego de Saúde destina 11.500 euros para adquirir o equipamento co que impartir os talleres con robots
  • Os obradoiros contan coa colaboración de grandes empresas do ámbito tecnolóxico galego que achegan a súa experiencia e recursos para o éxito das actividades
  • As seguintes xornadas nas demais áreas sanitarias están previstas para os meses de outubro e de decembro

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia iniciaron hoxe as xornadas de robótica nos hospitais públicos galegos co fin de humanizar a estancia dos nenos ingresados.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, Fernando Súarez, o xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio, e o subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade, Benigno Rosón, inauguraron esta tarde a primeira xornada de formación en robótica no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Este é o primeiro dunha serie de obradoiros de actividades interactivas e prácticas que se realizan ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia para a mellora da saúde emocional e mental dos nenos e nenas hospitalizados.

A Xunta achega unha axuda de 11.500 euros para a adquisición do equipamento necesario para realizar os obradoiros, cos que se pretenden reducir  o estrés que sofren os nenos e nenas durante os períodos de hospitalización, facendo máis agradable e amable a súa estancia e favorecendo así a súa recuperación.

Neste primeiro obradoiro, as actividades foron impartidas por voluntarios do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, contando coa colaboración doutras empresas recoñecidas no sector tecnolóxico galego como Bahía Software, H3C, Telefónica, Balidea, NTT Data e HPE.

As xornadas continuarán nas demais áreas sanitarias nos meses de outubro e decembro, estando prevista a realización dun total de 14 obradoiros, dous por cada área sanitaria ao ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
333011 {"title":"A Xunta e o Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia inician as xornadas de robótica para nenos ingresados nos hospitais públicos","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104976-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"333011"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/333011-xunta-e-colexio-enxeneria-informatica-galicia-inician-as-xornadas-robotica-nenos-ingresados-nos-hospitais-publicos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.