A Xunta adxudica por máis de 7,2 M€ a execución das obras de mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta intervención suporá un investimento global de 8,2 M€, tendo en conta as expropiacións, e levarase a cabo entre os quilómetros 5+000 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Viveiro e Ourol
  •  As obras reducirán o tempo de viaxe e aumentarán a seguridade no traxecto entre Viveiro e Lugo con carrís de adiantamento, rectificación de curvas, reforma de interseccións e renovación do firme
  • A intervención máis intensa realizarase no treito inicial, entre os quilométricos 5 e 8, cun acondicionamento completo da vía que incluirá a ampliación da calzada, un terceiro carril e un cambio de sentido
  • O obxectivo da Xunta é iniciar as obras a finais do verán, cun prazo de execución de 24 meses
  • O acondicionamento desta vía autonómica terá unha segunda fase, entre os concellos de Muras e de Xermade, acadando un investimento global de 15 M€

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas  vén de adxudicar por 7.240.526 euros as obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros. 

Esta intervención, adxudicada á Unión Temporal de Empresas: UTE Misturas Obras e Proxectos S.A.-Construcciones Isidro Otero S.L,  centrarase no treito comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 20+090, ao paso polos municipios de Viveiro e de Ourol. 

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e as obras comezarán, previsiblemente, a finais do verán. Os traballos contan cun prazo de execución de 24 meses.

O investimento global da intervención ascende a máis de 8,2 M€, tendo conta o pagamento dos 146 predios precisos para executar esta primeira fase de aumento da capacidade da LU-540. Téndose xa concluído este mesmo mes de xullo o acto da formalización das actas de ocupación dos terreos para executar a obra.

O obxecto da intervención 

Neste momento, o treito interurbano da estrada LU-540, a partir do punto quilométrico 5, unha vez pasado Landrove, presenta unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, dun 73% en sentido Lugo e dun 83% en sentido Viveiro, e ten curvas de radio reducido.

 

As obras que se veñen de adxudicar reducirán o tempo de viaxe e aumentarán a seguridade no traxecto entre Viveiro e Lugo con carrís de adiantamento, rectificación de curvas, reforma de interseccións e renovación do firme de todo o treito. Esta intervención fará posible que en todo o traxado se permita circular a 90 km/h.

En concreto, a intervención máis intensa realizarase no treito inicial da vía, entre os quilómetros 5 e 8, cun acondicionamento integral da vía que incluirá a ampliación da calzada, a dotación de terceiro carril e a rectificación das curvas, pasando dun radio mínimo de 70 metros a un de 120 metros.

Ademais, nesta intervención incluirase un cambio de sentido na marxe esquerda do punto quilométrico 6+000 e repoñeranse os camiños de servizo afectados.

Arredor do punto 10+300, acometerase a mellora da intersección, en ambas as marxes, pasando de estar enfrontadas a aumentar a distancia entre elas, para habilitar carrís centrais para as dúas.

Na contorna do punto quilométrico 14+000, disporase un carril adicional de adiantamento e mellorarase a intersección que dá acceso ao núcleo de Ourol.

Ademais, aumentarase a capacidade da vía en sentido Viveiro-Lugo, á altura do punto quilométrico 16+000, coa implantación dun carril para vehículos rápidos, e mellorarase a seguridade viaria na intersección do quilómetro 15+750, incluíndose a reposición de camiños.

Esta intervención completarase co reforzo do firme, que implicará o fresado nas zonas máis danadas e a reposición da capa de rodaxe nos preto de 15 quilómetros da actuación. 

A contratación desta obra supón o inicio da mellora da capacidade e da seguridade desta vía autonómica, que se desenvolverá en dúas fases, tras terse aprobado este ano o proxecto de trazado na LU-540, entre Viveiro e Cabreiros, que suporá un investimento global de 15 M€.

No que se refire á segunda fase do proxecto, os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 20+090 e o 39+520, nos concellos de Muras e de Xermade.

Neste treito, as actuacións centraranse no aumento da capacidade da vía nalgúns tramos en rampla, mediante a incorporación dun carril adicional para vehículos rápidos, reducindo a distancia entre os treitos de adiantamento contiguos.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue segue traballando nos obxectivos da actuación de reforzar a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Chá, mellorar a seguridade viaria dos condutores e ofrecerlles aos veciños desprazamentos máis cómodos e eficientes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332155 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 7,2 M€ a execución das obras de mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278585\/1catoira.jpeg","id":"332155"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332155-xunta-adxudica-mais-7-2-m-execucion-das-obras-mellora-da-capacidade-e-seguridade-da-lu-540-viveiro-e-cabreiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.