A Xunta apoia a través de Fest Galicia a experiencia de música, gastronomía e patrimonio do 17º Ribeira Sacra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O evento é unha das citas musicais que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa mediante a adhesión á súa marca de calidade para os festivais galegos
  • Morcheeba e Queralt Lahoz, xunto con nomes galegos como Carlangas y Los Cubatas, Mondra ou De Ninghures, son algunhas das 14 propostas do cartel
  • As actividades, incluídas na campaña 'CulturON' desenvolveranse do 26 ao 28 de xullo en Sober, Chantada, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Monforte de Lemos

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

O 17º Ribeira Sacra Festival celebra a súa oitava edición do 26 ao 28 de xullo cunha programación que inclúe 14 artistas, gastronomía, arte e actividades de promoción do territorio nos concellos de Sober, Chantada, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Monforte de Lemos. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoia a organización do evento cun patrocinio de 70.000 euros a través da adhesión á marca FEST Galicia.

Ademais da calidade musical, o 17º Ribeira Sacra, incluído na campaña CulturON que enche de actividade cultural os meses de verán, destaca pola naturalidade coa que se integra nos espazos da contorna e pola posta en valor do patrimonio e da natureza, motivos polos que volve formar parte do distintivo creado pola Xunta para promover o territorio galego como destino musical de calidade baixo criterios artísticos e de sustentabilidade. 

Así o destacou o director das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, que participou este mediodía na presentación da oitava edición do festival que organiza a empresa cultural galega I-Radia Crea. O Balcón Enoturismo das adegas Regina Viarum, en Doade, no Concello de Sober, foi o lugar escollido para o acto, onde tamén o festival instalará o escenario principal FEST Galicia. 

O representante da Xunta puxo en valor a selección de propostas musicais galegas, un compromiso que o festival mantén desde a súa creación, así como a integración do 17º Ribeira Sacra no colectivo Festivales Territorio xunto a encontros tan singulares do resto do Estado como son Esférica, na Rioxa Alavesa, Nómade-Alcusses-Alforins, en Valencia, Tierra Bobal Fest, en Utiel (Valencia) e Festival Canari, que se celebra entre as illas de Lanzarote e La Graciosa. A Xunta mantén tamén unha colaboración adicional con este programa apoiando a actuación de artistas galegos nalgúns destes eventos.

Concertos, arte e degustacións

No escenario FEST Galicia actuarán algúns dos cabezas de cartel desta oitava edición do 17º Ribeira Sacra, como o grupo inglés Morcheeba, a catalá Queralt Lahoz, os alemáns Say Yes Dog e o músico irlandés-iraní Glassio, xunto ás propostas galegas de Faneka e de Carlangas y Los Cubatas. No resto dos escenarios, a programación de bandas galegas complétase cos concertos de Mondra e De Ninghures aos que se suman artistas do panorama estatal como The Parrots e Doctor Explosión.

Ademais, o festival volve brindarlle ao público experiencias gastronómicas, culturais, paisaxísticas e etnográficas intimamente vencelladas á idiosincrasia da Ribeira Sacra. Haberá concertos en catamarán, rutas polas adegas, catas de produtos gastronómicos e vitícolas, conversas sobre arte e a exposición Artes líquidas, da luguesa Annita Rivera. 

No referente á gastronomía, nesta edición a selección de pratos para degustación estará elaborada polo restaurante O Casar de Monforte de Lemos, co chef Rafa Centeno á fronte desde as cociñas de Vértigo, o restaurante de Regina Viarum. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332153 {"title":"A Xunta apoia a través de Fest Galicia a experiencia de música, gastronomía e patrimonio do 17º Ribeira Sacra","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278582\/240716_Presidente_VisitaIndaeDia_MAC-1.JPG","id":"332153"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332153-xunta-apoia-traves-fest-galicia-experiencia-musica-gastronomia-e-patrimonio-do-17-ribeira-sacra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.