A Xunta aborda os principios da política do urbanismo de Galicia nun congreso en Guimarães

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe xunto a expertos das administracións e da universidade no Seminario Luso-Galaico sobre o Réxime Xurídico das Actuacións nos Solos Rurais e as Vilas de Galicia e Norte de Portugal

Guimarães, 17 de xullo de 2024

A directora xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas, participou este mércores nun simposio sobre o Réxime Xurídico das Actuacións nos Solos Rurais e as Vilas de Galicia e Norte de Portugal que se desenvolveu na cidade portuguesa de Guimaraes. O evento, que se celebrou na Escola de Arquitectura, Arte e Design da Universidade do Minho, está promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial de Galicia-Norte de Portugal, ao abeiro do Programa Iacobus 2024.

Na súa intervención, Rivas afondou nos "Principios da política do urbanismo de Galicia" e incidiu na figura dos núcleos de poboación na comunidade, unha das "innumerables" manifestacións materiais e espirituais que renden conta da íntima relación entre o home e a súa contorna, e que durante xeracións deron forma á singular paisaxe rural de Galicia". "Un valioso patrimonio -sinalou- que nos compromete como sociedade, obrigándonos a manter a memoria do pasado que entregaremos ás xeracións que nos sucederán". 

Encarnación Rivas expuxo tamén as distintas medidas que a Xunta de Galicia ten implantado nos últimos anos para acadar a simplificación e a axilización na tramitación dos planeamentos urbanísticos, fixándose como prioridade estratéxica a procura da maior seguridade xurídica e transparencia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332152 {"title":"A Xunta aborda os principios da política do urbanismo de Galicia nun congreso en Guimarães","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100803-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332152"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332152-xunta-aborda-os-principios-da-politica-do-urbanismo-galicia-nun-congreso-guimaraes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.