Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva

Imagen del artículo Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Confírmase de novo un máximo histórico de peticións que avala o interese destas ensinanzas en Galicia
  • O 56% dos 821 ciclos ofertados xa están completos na primeira adxudicación de prazas que se vén de resolver
  • As persoas adxudicatarias teñen de prazo ata o día 22 para confirmar a matrícula

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

Un total de 54.151 persoas veñen de presentar solicitude  para cursar algunha modalidade de Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso, o que representa un incremento do 5,24% (2.697 solicitudes máis) con respecto ao curso 2023-24. Estas cifras supoñen acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia , con 2.697 solicitudes máis.

Os datos recabados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, logo da primeira adxudicación de prazas que dá dereito a matrícula, constatan unha suba xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual Intensiva, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións. Os incrementos máis acusados concéntranse nos másteres de FP, que medran preto dun 60% (1.050 solicitudes recibidas) e nos ciclos de FP Dual Intensiva (a nova denominación da antiga FP Dual), cun crecemento do 20,49% de solicitudes ata acadar as 3.376. Destaca tamén o crecemento de peticións na modalidade semipresencial e a distancia, cun 13,43% máis (14.486 en total recibidas).

Dos 821 ciclos totais ofertados en réxime ordinario xa están completos 457 (o 55,66%), mentres que en outros 364 quedan prazas vacantes. No caso dos ciclos de grao medio esgotaron prazas un total de 208 ciclos (51,49%) mentres que outros 196 aínda dispoñen de prazas. En grao superior, 249 (55,66%) cubriron prazas mentres que outros 364 aínda dispoñen de vacantes para as sucesivas adxudicacións.

Réxime ordinario

Grao Medio

Grao Superior

TOTAL

Ciclos completos

208 (51,49%)

249 (59,71%)

457 (55,66%)

Ciclos con vacantes

196 (48,51%)

168 (40,29%)

364 (44,34%)

TOTAL

404

417

821

 

Reparto por provincias

 

Grao Medio

Grao Superior

Total

PROVINCIA

Ciclos completos

Ciclos con vacantes

Ciclos

completos

Ciclos con vacantes

 

A Coruña

89

68

120

55

332

Lugo

14

43

17

36

110

Ourense

18

26

18

20

82

Pontevedra

87

59

94

57

297

TOTAL

208 (51,49%)

196 (48,51%)

249 (59,71%)

168 (40,29%)

821

Cómpre ter en conta que cada persoa pode presentar solicitude ata en catro prazas en ciclos ordinarios, FP Básica e másteres. No réxime de persoas adultas, tanto presencial como a distancia, pode haber ata catro peticións por centro e ciclo con ata 10 módulos cada unha.

Familias máis demandadas

Entre os ciclos máis demandados atópanse os das familias Sanidade, onde o cen por cen das prazas xa foron cubertas nesta primeira adxudicación, de Actividades físicas e deportivas,  Imaxe e son e Téxtil, confección e pel.

Matrícula

Desde hoxe ata ao 22 xullo ás 13,00 horas o alumnado deberá confirmar ou renunciar a praza adxudicada, xa que de non facelo quedará excluído do procedemento. Froito desta posibles renuncias, é posible que ciclos que neste momento figuran como completos, a partir do día 22 pasen a dispoñer de prazas dispoñibles, aínda que a maioría dispoñe de persoas en listaxe de agarda.

Do 27 ao 31 de xullo terá lugar a segunda fase de adxudicación e matriculación, que seguirá un proceso similar. Unha vez concluída a terceira fase xa en setembro, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332149 {"title":"Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332149"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332149-mais-54-000-persoas-presentan-solicitudes-cursar-fp-proximo-curso-especial-demanda-nos-masteres-e-na-modalidade-dual-intensiva https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.