A Xunta inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación de 9,3 quilómetros do firme da PO-254 que afecta a Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario

Imagen del artículo A Xunta inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación de 9,3 quilómetros do firme da PO-254 que afecta a Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os traballos incluíron a substitución da sinalización vertical
  • A reparación do firme permitiu mellorar a seguridade e comodidade dos centos de condutores e condutoras que utilizan a vía a diario
  • Reguera destacou o compromiso da Xunta co mantemento da extensa rede de estradas autonómicas
  • O delegado aproveitou a visita para anunciar que a Xunta contempla a proxección dunha senda peonil nesta vía

Ponteareas (Pontevedra), 17 de xullo de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as obras de rehabilitación do firme da PO- 254 á altura de Ponteareas.

Trátase dunha actuación que contou cun investimento da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de 1,4 millóns de euros e que comprende 9,3 quilómetros de vía nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario.

As actuacións, que se centraron no inicio da estrada na glorieta de Ponteareas e o pq 9+341 situado en Mondariz, consistiron no fresado do pavimento e a reposición dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

Cabe destacar que a actuación tamén incluíu a substitución da sinalización vertical.

O delegado territorial asegurou que "este importante investimento permitiu mellorar a seguridade e a comodidade dos centos de condutores e condutoras que cada día pasan por esta vía". Neste sentido, Reguera lembrou o compromiso da Xunta co "mantemento da extensa rede de estradas autonómicas".

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas continúa traballando na conservación das estradas autonómicas, a través do Plan de reforzos de firmes, co fin de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade en condicións eficientes.

O delegado aproveitou a visita para anunciar que a Xunta contempla proxectar unha nova senda peonil que se construirá nesta mesma estrada. Trátase dunha demanda do concello no que a Xunta espera avanzar proximamente. A primeira fase da dita senda estenderase  dende o pq 0+520 ata o cruce da Freixa.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332146 {"title":"A Xunta inviste máis de 1,4 millóns de euros na rehabilitación de 9,3 quilómetros do firme da PO-254 que afecta a Ponteareas, Mondariz e Mondariz-Balneario","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332146"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332146-xunta-inviste-mais-1-4-millons-euros-na-rehabilitacion-9-3-quilometros-do-firme-da-po-254-afecta-ponteareas-mondariz-e-mondariz-balneario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.