A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Marisol Díaz explica que se actuará en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon)

Tui (Pontevedra), 17 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia prevé destinar preto de 200.000 euros á erradicación de especies exóticas invasoras no Parque Natural Monte Aloia, segundo avanzou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz.

Durante a súa visita a este espazo protexido, a directora xeral informou de que, logo de realizar o pasado ano unha análise previa para determinar a eficacia das diferentes metodoloxías, en 2024 e 2025 actuarase en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon).

Deste xeito, en función da densidade de exemplares, levaranse a cabo a corta e tratamento de todos os pés, o descortizado por medios manuais de todos os pés ou unha actuación mixta de ambas metodoloxías.

O obxectivo desta iniciativa é reducir a presenza desta especie invasora, de maneira que se recuperen os terreos perdidos para o mantemento e implantación das especies de interese e, ao mesmo tempo, establecer un protocolo de actuación para o seu control en sucesivas actuacións.

Nesa liña, cómpre lembrar que o Plan reitor de uso e xestión deste parque natural, inclúe, entre os seus obxectivos a conservación da biodiversidade a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo a preservación das paisaxes, os ecosistemas e os hábitats. De feito, este espazo protexido alberga un total de dez tipos de hábitats tipificados como de interese comunitario, dos que dous son considerados como prioritarios.

O Monte Aloia é o parque natural galego máis antigo, xa que foi declarado en 1978. Situado no límite sur da Serra do Galiñeiro, no concello de Tui, un dos seus grandes atractivos son as vistas panorámicas dos vales do Miño e do Louro, polo que resulta un destino moi interesante para os visitantes que busquen gozar da natureza e das actividades ao aire libre.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
332076 {"title":"A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103170-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"332076"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/332076-xunta-destinara-200-000-euros-erradicacion-especies-invasoras-parque-natural-monte-aloia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.