A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIQUS con máis de 3 M€ ata 2027

Imagen del artículo A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIQUS con máis de 3 M€ ata 2027

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Con esta achega, a Consellería de Ciencia e Universidades facilita a estabilidade económica dos proxectos e investigadores, entre os que se atopan catro Oportunius 
  • O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación aplauden a máxima puntuación acadada na renovación da acreditación de excelencia

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Molecurales (CIQUS), da Universidade de Santiago de Compostela, para coñecer os seus proxectos e investigadores de excelencia, entre os que se atopan catro Oportunius.

Esta visita realízase tras a renovación da acreditación de excelencia deste centro pertencente á Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, que acadou a máxima puntuación neste proceso onde se avaliou a súa traxectoria e rendemento. Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con máis de 3M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos.

O CIQUS, centrado na saúde, biomedicina e sustentabilidade, captou no período 2019-2022 máis de 31M€, o que supón un incremento do 78% con respecto ao período anterior, alcanzando un récord de captación no ano 2023 con máis de 11M€. Conta con máis de 200 investigadores traballando en 18 grupos de investigación, do que o 50% son estudantes de doutoramento.

Os representantes da Consellería de Ciencia e Universidades puideron coñecer de primeira man o traballo que se realiza nas súas instalacións, onde se desenvolven 12 proxectos ERC (Consejo Europeo de Investigación) liderados por oito investigadores de excelencia. Ademais, destacan 14 proxectos de valorización, innovación e proba de concepto, así como a concesión de 14 patentes e a publicación de máis de 100 artigos científicos ao ano. O CIQUS tamén é sobresaínte á hora de captar talento e programas internacionais: desde o 2019, realizáronse 15 contratos posdoutorais Marie Curie e tres redes Marie Curie de doutoramento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
331780 {"title":"A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIQUS con máis de 3 M€ ata 2027","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"331780"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/331780-xunta-apoia-desenvolvemento-da-actividade-investigadora-do-ciqus-mais-3-m-ata-2027 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.