A Xunta comeza hoxe as obras de mellora do firme na estrada AC-566 ao seu paso polos concellos de Valdoviño e Cedeira

Imagen del artículo A Xunta comeza hoxe as obras de mellora do firme na estrada AC-566 ao seu paso polos concellos de Valdoviño e Cedeira

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 3 estradas autonómicas no seu percorrido por 7 concellos da comarca de Ferrolterra, cun investimento que rolda os 1,5 M€
  • Os traballos que veñen de iniciarse nesta estrada autonómica, continuarán despois  nas estradas AC-110 e AC-564 nos municipios de Cerdido, Moeche, As Somozas, A Capela e As Pontes, Valdoviño
  • O obxectivo do departamento que dirixe María Martínez Allegue é rematar estas obras este mesmo ano, xa que contan cun prazo de execución de 5 meses
  • Os traballos consisten na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, ademais do repintado das marcas viarias
  • A Xunta segue traballando para manter as vías nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria, destinando este ano 53 M€ á súa conservación

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de iniciar hoxe as obras de mellora do firme en varios treitos  da estrada AC-566, ao seu paso polos concellos de Valdoviño e Cedeira.

Esta actuación, que suporán un investimento de preto de 1,5 M€, forma parte do contrato de acondicionamento do firme nas estradas AC-110, AC-564 e a propia AC-566, no seu percorrido por 7 concellos da comarca de Ferrolterra.

Os traballos que comezaron hoxe na AC-566, nos concellos de Valdoviño e de Cedeira;  continuarán despois en varios treitos das estradas autonómicas AC-110, nos concellos de Cerdido, de Moeche e das Somozas; e na AC-564, ao paso polos municipios da Capela e das Pontes.

O obxectivo da Xunta é rematar estas obras este mesmo ano, xa que contan cun prazo de execución de 5 meses.

O obxectivo destas obras é a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios treitos destas 3 estradas, completado as obras co repintado das marcas viarias.

Nos treitos nos que se considera necesaria unha actuación maior selaranse as fendas e fisuras nunha anchura mínima de 5 cm e un mínimo de 3 mm de espesor.

Nos treitos nos que se detecta un maior número de accesos a vivendas, aparcadoiros e bordos, nos que a rasante da estrada xa se atopa elevada por anteriores actuacións, executaranse fresados localizados de 5 centímetros a carril completo. 

Ademais, naqueles tramos onde se realicen actuacións de recrecido e exista presenza significativa de gretas no pavimento, realizarase a aplicación en quente dun produto de selado sobre as fisuras de anchura non inferior a 5 cm e espesor non inferior a 3 mm.

As actuacións completáranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e os treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

Tamén se procederá ao repintado, en ambos os sentidos da calzada, no caso da estrada AC-110, entre os quilómetros 10+750 e o 10+900, e entre o 18+320 e o 18+420; así como na AC-566, entre os puntos quilométricos 2+220 e 2+750.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste ano 53 M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
331777 {"title":"A Xunta comeza hoxe as obras de mellora do firme na estrada AC-566 ao seu paso polos concellos de Valdoviño e Cedeira","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"331777"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/331777-xunta-comeza-hoxe-as-obras-mellora-do-firme-na-estrada-ac-566-ao-seu-paso-polos-concellos-valdovino-e-cedeira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.