O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024

Imagen del artículo O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda queda fixado en 66 euros por tonelada
  • A Xunta transferirá nos próximos días 9 millóns de euros ás 295 entidades locais que están adheridas ao modelo Sogama co fin de minimizar o impacto da medida

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024

O consello de administración de Sogama aprobou hoxe a proposta de actualización do canon que aplica aos concellos por asumir a xestión e o tratamento dos seus residuos, en resposta ás decisións do Goberno central adoptadas no último ano e medio e que están a ter un grande impacto económico no custo do servizo. A Xunta, en todo caso, transferirá nos próximos días 9 millóns de euros ás 295 entidades locais que están adheridas ao modelo Sogama co fin de minimizar o impacto da medida.

Así, acordouse que o importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda quede fixado en 66 euros por tonelada, descontada xa a achega da Xunta ás entidades locais a través dun Fondo de cooperación adicional e que sería de 12 euros/tonelada.

A empresa pública incidiu ante o consello de administración en que, incluso despois de aplicada a actualización proposta, o canon de Sogama seguirá sendo o máis barato de España en comparación co resto de plantas de tratamento de residuos municipais da súa mesma tipoloxía.

A continuación, a empresa pública remitirá este acordo á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que, previo informe do departamento de Facenda e Administración Pública, procederá a aprobar o novo canon deste ano.

Cómpre lembrar que en 2023 Sogama asumiu integramente o encarecemento do servizo en 2023, que ascendeu a un total de 21,9 millóns de euros, debido á entrada en vigor do novo imposto estatal á vertedura e á incineración -contra o que a Xunta xa presentara alegacións-, á recuperación do imposto estatal do valor da enerxía eléctrica e á eliminación da retribución que viña percibindo Sogama polo investimento realizado na súa planta termoeléctrica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
331775 {"title":"O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024","published_date":"2024-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"331775"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-17/331775-consello-administracion-sogama-aproba-actualizar-canon-pola-xestion-residuos-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.