Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha "referencia nacional" na súa visita ás instalacións de Pontepedriña

Imagen del artículo Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha referencia nacional na súa visita ás instalacións de Pontepedriña

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Destaca que as licencias federativas de ximnasia triplicáronse dende 2009 ata chegar ás preto de 6.000 coas que contamos hoxe

Santiago, 16 de xullo de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou no día de hoxe as instalacións do pavillón de Pontepedriña nas que adestra o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela. O mandatario galego salientou a importancia dun club que vén de pechar unha tempada repleta de éxitos conseguindo numerosas medallas nacionais e internacionais en competicións de categoría como o Campionato de España, os Xogos do Mediterráneo ou  o Campionato do Mundo de Ximnasia Estética de Grupo.

O responsable da carteira autonómica de Deportes salientou a "referencia nacional que xa é o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, tanto polo traballo que realizan día a día todos os que forman esta gran familia, así como pola gran cantidade de títulos e recoñecementos que conseguen os seus deportistas". Neste sentido, Lete Lasa destacou o Campus de Verán que está a levar a cabo nestas semanas o club e que xa conta con nove anos de historia para preparar nas mellores condicións aos ximnastas para as primeiras competicións da tempada.

O secretario xeral para o Deporte salientou a colaboración da Xunta de Galicia co club de ximnasia compostelán que nos últimos cinco anos recibiu máis de 35.000 euros nas diferentes liñas de axuda da Secretaría Xeral e subliñou a importancia de que a ximnasia rítmica e acrobática siga chegando aos máis cativos. Neste sentido lembrou como as licencias federativas de ximnasia triplicáronse dende 2009 ata chegar ás preto de 6.000 coas que contamos hoxe e animou aos nenos a que practiquen ximnasia para que pouco a pouco a súa porcentaxe se iguale coa feminina, que hoxe representa máis do 90%.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
329439 {"title":"Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha \"referencia nacional\" na súa visita ás instalacións de Pontepedriña","published_date":"2024-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103747-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"329439"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-16/329439-lete-lasa-destaca-ao-club-deportivo-ximnasia-ritmica-compostela-como-unha-referencia-nacional-na-sua-visita-as-instalacions-pontepedrina https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.