A Xunta facilita o acceso e visita de peregrinos e visitantes a preto dunha vintena de igrexas de catro itinerarios xacobeos da Diócese de Lugo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia visita a Igrexa da Ponte de San Lázaro, un dos templos nos que se impulsan estas medidas
  • A acción enmárcase no compromiso do Goberno autonómico por reforzar a atención aos visitantes e peregrinos e abrir ao público xeral o patrimonio xacobeo
  • Salienta a positiva evolución da ruta xacobea, que medra a un ritmo constante do 15% "durante todo o ano, non só no verán, repartindo así os beneficios no rural"

Lugo, 16 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a igrexa da Ponte de San Lázaro, unha das preto de 20 que teñen instaladas reixas e iluminación para facilitar a visión do seu interior ou están dotadas de persoal de atención ao público para facilitar a visita e o seu coñecemento por parte dos peregrinos e galegos ao abeiro dunha colaboración entre a Xunta de Galicia e a Diócese de Lugo.

Como explicou Xosé Merelles, Turismo de Galicia impulsa a colaboración nun total de 17 igrexas de catro Camiños da diócese lucense "coa intención de seguir mellorando a atención aos peregrinos e facilitar que se poida compartir o rico patrimonio xacobeo de distintos puntos do Camiño de Santiago". Salientou, neste sentido, que se trata dun compromiso "que o Goberno autonómico leva mantendo nos últimos anos e que nos permite tamén seguir traballando de cara ao Xacobeo 27", explicou.

O director de Turismo fixo referencia á positiva evolución do Camiño de Santiago, que "está a medrar a un ritmo do 15% pero non só en verán, senón tamén en todos os meses do ano, algo que nos está permitir repartir a riqueza que xera tamén en distintos puntos do rural". Referiuse tamén á importancia do Plan Director dos Camiños de Santiago co que o Goberno autonómico está a preparar a ruta xacobea de cara ao vindeiro Ano Santo da man da sustentabilidade.

Preparación para o Xacobeo 27

Neste sentido, recordou tamén a recente autorización por parte do Consello da Xunta de 12M€ para licitar o novo contrato de xestión dos albergues da Rede Pública do Xacobeo para un total de 79 albergues e tres centros de interpretación.

Ao abeiro da colaboración coa diócese, no Camiño Primitivo actúase na Igrexa de San Tomé de Souto de Torres (Castroverde), nas de Santa María de Bascuas e Santa Eulalia de Bóveda e a que se visitou hoxe, de San Lázaro da Ponte, todas en Lugo; na de San Salvador de Merlán en Palas de Rei e na de Santa María de Fonsagrada, en A Fonsagrada.

No Camiño de Inverno, tamén se poderá visitar ao abeiro desta colaboración a Igrexa de San Pedro de Cereixa, en A Pobra do Brollón, a de San Salvador de Moreda, en Monforte de Lemos, a de San Miguel de Montefurado en Quiroga e a de San Clodio en Ribas de Sil.

Para o Camiño Francés, inclúense a Igrexa de Santa María de Castromaior e a de San Nicolás (Portomarín), a de Santiago de Ligonde (Monterroso), a de Santa Mariña de Sarria e a de Santa María a Real do Cebreiro. E no Camiño do Norte, inclúense dúas en Friol: a de San Paio de Seixón e a de Santiago de Miraz.

Apoio a La Vuelta

Tamén en Lugo, o director de Turismo de Galicia participou hoxe na presentación da acción promocional E para comer Lugo, que se instalará na saída da 13ª etapa de La Vuelta 2024 o vindeiro 30 de agosto desde a capital lucense co apoio da Xunta de Galicia e tamén no resto de etapas en Galicia de La Vuelta.

Puxo de manifesto a capacidade da gastronomía galega para difundir a marca turística de Galicia e tamén a importancia de que o Goberno autonómico apoio eventos como la Vuelta pola proxección nacional e internacional que ofrece do destino galego cun evento deportivo que se retransmite en 150 países.

A acción promocional presentada hoxe consta dun total de 26 marcas que se amosarán nun stand que se instalará na saída coa colaboración da Asociación de Empresarios da Hostalería e Turismo da provincia de Lugo. O director de Turismo de Galicia agradeceu especialmente a implicación das marcas participantes sen as que "a oferta gastronómica desta terra e de Galicia, non sería da calidade e o nivel que ten".

Turismo de Galicia e Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo da provincia de Lugo complementarán esta acción difundindo ademais exemplares da guía turística e gastronómica  "E para comer, Lugo".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
329387 {"title":"A Xunta facilita o acceso e visita de peregrinos e visitantes a preto dunha vintena de igrexas de catro itinerarios xacobeos da Diócese de Lugo","published_date":"2024-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104420-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"329387"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-16/329387-xunta-facilita-acceso-e-visita-peregrinos-e-visitantes-preto-dunha-vintena-igrexas-catro-itinerarios-xacobeos-da-diocese-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.