O conselleiro do Mar realiza a tradicional Ofrenda á Virxe do Carme de Muros

Imagen del artículo O conselleiro do Mar realiza a tradicional Ofrenda á Virxe do Carme de Muros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Muros (A Coruña), 16 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, foi o encargado de realizar a tradicional Ofrenda á Virxe do Carme de Muros. No seu discurso, ante as autoridades e público presentes, o responsable autonómico fixo un repaso polos retos que o mar lles presenta a diario ás persoas que traballan ou se relacionan con el, destacando o seu comportamento, no que valores como a solidariedade, o respecto e o agarimo xunto á colaboración desinteresada dos veciños, é sentido en cada ocasión en forma "de abrazo colectivo, forte e sostido".

Deste xeito, e logo de expresar a súa satisfacción á confraría desta localidade por facelo partícipe desta Ofrenda a que é a patroa dos pobos mariñeiros, Villares puxo en valor o sector marítimo-pesqueiro, do que sempre recibiu e recibe, dixo, "o que lles ofrezo, completa dedicación e entrega".

Neste senso, dirixiuse á Virxe do Carme para implorar a súa protección para a xente do mar que é "forte e sacrificada por Galicia e polos seus". Por iso, esta Ofrenda é a mellor forma de transmitir o apego e o respecto que o Goberno do que forma parte sente polo sector. "Sodes parte da alma de todos os galegos e o voso recordo enche o corazón de Galicia", manifestou.

O conselleiro rematou a súa intervención, pedindo polos que non tiveron a sorte de volver a porto e polas súas familias que os viron marchar e quedaron coa dor de ver como o mar era o seu último destino e descanso, así como polos mozos que buscan neste medio a ilusión do seu futuro e das súas familias.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
329377 {"title":"O conselleiro do Mar realiza a tradicional Ofrenda á Virxe do Carme de Muros","published_date":"2024-07-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104139-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"329377"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-16/329377-conselleiro-do-mar-realiza-tradicional-ofrenda-virxe-do-carme-muros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.