A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co I Festival Internacional de Maxia de Rúa de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidade
  • Xosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez máis peregrinos do Camiño Inglés, que está a medrar a un ritmo do 19% e nos cinco primeiros meses foi o destino urbano cuxa demanda turística medrou con máis intensidade
  • Indica que a proposta suma atractivos á cidade que se está a reforzar co Plan de Sustentabilidade Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra dotado con 2 M€

Ferrol (A Coruña), 15 de xullo de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentaron esta mañá, acompañados dos organizadores Dani Polo e Pedro Bugarín, e o tenente de alcalde do Concello de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, o I Festival internacional de Maxia de Rúa de Galicia, Ferrol Máxico, unha iniciativa que traerá á cidade a cinco magos de gran recoñecemento neste formato que percorrerán durante catro días, do xoves 18 ao domingo 21 de xullo, diferentes espazos de Ferrol.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles eloxiou a capacidade de Ferrol para "idear propostas novidosas, únicas, singulares e con personalidade propia para así promover o turismo urbano" como é o caso do Festival Ferrol Máxico, "unha forma extraordinaria de cultura urbana", que suma atractivos turísticos a Ferrol. Neste sentido, o director de Turismo de Galicia salientou a crecente capacidade da cidade para atraer viaxeiros. Referiuse, en concreto ao incremento de peregrinos do Camiño Inglés, que está a medrar un 18% e que suma máis de 12.000 peregrinos que recolleron a Compostela.

"Ademais, Ferrol foi nos primeiros cinco meses do ano o destino urbano cuxa demanda turística medrou con máis intensidade, en concreto un 29% e recibiu máis de 32.000 viaxeiros, o que supón un incremento do 55%". Tamén salientou o traballo que a Xunta de Galicia está a realizar para seguir impulsando o destino apoiando iniciativas como a presentada hoxe e tamén con estratexias como o Plan de Sustentabilidade Turística Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra dotado con 2M€ ao abeiro do Plan territorial de Cascos Históricos e Vilas Termais deseñado pola Xunta con fondos europeos.

Pola súa banda, a a delegada territorial  salientou que "desde a Xunta de Galicia sentímonos orgullosos de apoiar iniciativas culturais como esta que non so enriquecen o noso patrimonio cultural, se non que tamén promoven o turismo e a economía local". Aneiros destacou as vontades que esta iniciativa reportará á cidade "contribuíndo a dinamizar a vida cultural e social" e reiterou que este festival é "unha oportunidade única para gozar da maxia no seu estado máis puro e nun entorno tan especial como as nosas rúas e prazas".

Maxia en diferentes espazos

A programación de Ferrol Máxico axunta máis de 10 actuacións en diferentes emprazamentos da cidade, cuxo prato forte será a Gala Internacional que se celebrará o sábado 20, ás 21.30 horas, na praza de Armas, a cargo dos artistas Mago Noel, Héctor Sansegundo, Carlos Adriano e Raúl Camagüey.

O programa arrincará o xoves 18 coas actuacións do Mago Noel e Raúl Camagüey na praza Rancho da Praça e a praza de Armas. O venres 19 a acción trasladarase á praza de Amboage, Alameda do Cantón e centro cívico de Caranza, con Raúl Camagüey, Carlos Adriano e Magic Mateo Show.

O sábado 20 volverán a saír á rúa Raúl Camagüey, Carlos Adriano e Héctor Sansegundo que levarán os seus trucos de maxia á estrada de Castela, praza de Amboage e praza do Inferniño. Por último o domingo 21 de xullo, Héctor Sansegundo e Raúl Camagüey pecharán o programa de actuacións na praza do Himno Galego e na Alameda do Cantón.

Todos os espectáculos teñen un carácter familiar, serán accesibles para todos os públicos e gratuítos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
326647 {"title":"A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co I Festival Internacional de Maxia de Rúa de Galicia","published_date":"2024-07-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104155-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"326647"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-15/326647-xunta-contribue-reforzar-ferrol-como-destino-urbano-co-festival-internacional-maxia-rua-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.