A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais
  • Profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia formarán a persoal da sanidade pública galega na atención destes casos
  • O acordo marco de colaboración inclúe outras medidas no ámbito da morte súbita de persoas novas e da atención do suicidio

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asinaron hoxe un convenio para potenciar a colaboración entre o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) en materia de violencia ou agresión sexual e noutras actividades de interese sanitario. Ao acto tamén asistiron o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a directora do Imelga, Noemí Morte.

Deste xeito, reforzase a colaboración entre os profesionais sanitarios do Sergas e os do Imelga co obxectivo de garantir unha atención e asistencia en condicións de privacidade, seguridade e confidencialidade a vítimas de agresións sexuais.

Por unha banda, esta liña permanente de colaboración pretende que a asistencia ás vítimas sexa o máis estrita posible desde o punto de vista da proba, de maneira que a recollida de mostras e outras evidencias contribúan a acreditar casos de violencias sexuais, mantendo a cadea de custodia.

Ademais, os profesionais do Imelga encargaranse da formación específica e multidisciplinar dos profesionais do Sergas neste ámbito, tendo en conta a experiencia acreditada do persoal do instituto na xestión e abordaxe destes casos. Nesta liña, mesmo se contempla a posibilidade de establecer rotacións na formación dos MIR nese ámbito de actividade.

Así, tal e como se recolle no acordo marco, as experiencias compartidas tanto con actividades de formación como na elaboración dos protocolos actuais axudará mesmo a adaptar os partes de lesións ás casuísticas que se poden dar en situacións de violencia ou agresión sexual, incluíndo a violencia na infancia e adolescencia.

O Imelga concentra a pericia pública oficial médico-legal, de psicoloxía e de traballo social forense e dentro da pericia médico forense constan as valoracións médicas de lesión por agresión de violencia de xénero ou de agresións sexuais.

O acordo asinado hoxe establece tamén a mellora das salas de autopsias nos centros do Sistema Público de Saúde de Galicia para que os profesionais da medicina forense poidan realizar o seu traballo nas mellores condicións. Coa mesma finalidade, habilitarase o acceso dos médicos forenses do Imelga á información da historia clínica electrónica para realizar unha primeira atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual nos casos nos que non existan investigacións xudiciais.

Nos temas de mutuo interese e obxecto de colaboración inclúese a automatización do intercambio de datos en materias como a prevención de suicidios ou as mortes como consecuencia de reaccións adversas a drogas de abuso, no marco do Plan de Saúde Mental de Galicia.

Colaborarase tamén na prevención da morte súbita para efectos da realización de estudos xenéticos, xa que o Sergas dispón dunha unidade de referencia para o Sistema Nacional de Saúde para o manexo de pacientes con cardiopatías familiares situada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

A Estratexia Galega de Saúde 2030 contempla o fomento da colaboración intersectorial e entre consellerías dentro das súas competencias e, así, as dúas entidades autonómicas van colaborar tamén na mellora da xestión dos certificados de defunción e en proxectos de investigación conxunta en materias de interese sanitario.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
325947 {"title":"A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia","published_date":"2024-07-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104044-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"325947"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-15/325947-xunta-reforza-atencion-as-vitimas-violencia-ou-agresion-sexual-traves-da-colaboracion-servizo-galego-saude-e-instituto-medicina-legal-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.