A Xunta convoca as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas

Imagen del artículo A Xunta convoca as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A convocatoria conta cun orzamento de 7,5M€, financiado con fondos comunitarios do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, e a previsión é chegar a mobilizar ata 30M€ de investimento público-privado
  • A axuda máxima por empresa beneficiaria será de 2M€ en función do aforro enerxético xustificado, e estímase que contribúan a xerarlles aforros económicos de 4,5M€ anuais no seu abastecemento enerxético
  • Estas axudas permitirán a creación ou mantemento de 173 postos de traballo entre directos e indirectos, un aforro anual de enerxía equivalente a 5,1 millóns de litros de gasóleo (52.000 MWh/ano) e unha redución de emisións similar á plantación de 825.000 árbores

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a liña de axudas que a Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pon á disposición das empresas e autónomos galegos para que poidan acometer proxectos de aforro e eficiencia enerxética e reducir, así, a súa factura eléctrica.

A convocatoria conta cun orzamento de 7,5M€, financiado con fondos comunitarios do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, e a previsión é chegar a mobilizar ata 30M€ de investimento público-privado. A axuda máxima por empresa beneficiaria será de 2M€ en función do aforro enerxético xustificado, e estímase que contribúan a xerarlles aforros económicos de 4,5M€ anuais no seu abastecemento enerxético.

Ademais, estas axudas permitirán a creación ou mantemento de 173 postos de traballo, entre directos e indirectos, un aforro anual de enerxía equivalente a 5,1 millóns de litros de gasóleo (52.000 MWh/ano), e unha redución de emisións equivalente á plantación de 825.000 árbores (16.500 t).

Entre as solicitudes recibidas en convocatorias anteriores figuran proxectos para renovación de maquinaria industrial como compresores de aire ou equipos de frío, a instalación de variadores de frecuencia en motores e economizadores en caldeiras, a substitución da iluminación actual por tecnoloxía LED, o aproveitamento de enerxías residuais mediante intercambiadores de calor, instalacións de aproveitamento de enerxía xeotérmica e aerotérmica para climatización, a realización de auditorías enerxéticas en pemes e a implantación de equipos de medida e sistemas de procesado de datos para a optimización do consumo enerxético.

Nos últimos once anos, a Xunta leva concedido 1.640 axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos sectores industria, servizos e agrícola cun orzamento total de 55,6M€. O aforro de enerxía final asociado equivale ao consumo eléctrico de 185.000 fogares (47.300 tep/ano); e a redución de emisións, á plantación de 6,7 millóns de árbores (a 136,4 kt/ano).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
325944 {"title":"A Xunta convoca as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas","published_date":"2024-07-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"325944"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-15/325944-xunta-convoca-as-axudas-incentivar-proxectos-aforro-e-eficiencia-enerxetica-nas-empresas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.