A Xunta destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para axilizar a burocracia a máis de 3.500 explotacións

Imagen del artículo A Xunta destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para axilizar a burocracia a máis de 3.500 explotacións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería do Medio Rural publicará mañá a convocatoria destas axudas no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2024

A Consellería do Medio Rural publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas de aconsellamento, destinadas a entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizo de Aconsellamento e Xestión en Galicia (RESAXEGA); como poden ser agrupacións de gandeiros, cooperativas ou organizacións agrarias, entre outras. O orzamento destas achegas ascende a 3 millóns de euros e prevese que beneficie máis de 3.500 explotacións a través de 40 empresas asesoras.

A finalidade desta iniciativa é a creación dun sistema que facilite xestionar e axilizar a carga burocrática e lexislativa aos axentes do sector. As cuestións obxecto de asesoramento están vencelladas con requisitos legais de xestión, coas boas prácticas agrícolas e medioambientais (BCAM) ou coas prácticas beneficiosas para o clima e o ambiente. O sistema de aconsellamento ás explotacións agrarias está regulado polo Parlamento Europeo e forma parte do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027, que pretende a evolución do sistema cara a servizos de apoio e innovación.

Nesta liña, as axudas contribuirán a mellorar a orientación do mercado e aumentar a competitividade das explotacións agrícolas a curto e longo prazo, especialmente no ámbito da investigación, a tecnoloxía e a dixitalización. Ademais, favorecen a adaptación ao cambio climático e a súa mitigación, grazas á redución dos gases de efecto invernadoiro e a captura de carbono. A maiores, impulsan a modernización das zonas agrícolas e rurais, incentivando prácticas sustentables por parte dos agricultores e gandeiros. A porcentaxe da subvención será do 100% dos custos subvencionables e o investimento máximo será de 800 euros, a excepción daquelas explotacións que empreguen o caderno dixital ou estean inscritas nas aplicacións Contaláctea ou Contacarne, que poderán optar ata un máximo de 1.000 euros de axudas.

Anteriormente, a Xunta xa convocara esta liña de axudas.  Por primeira vez, no marco do PDR 2007-2013 e dirixidas concretamente a explotacións agrarias. Posteriormente, no PDR 2014-2020, os receptores das achegas pasaron a ser as entidades de aconsellamento. Como consecuencia, e tendo en conta que son as entidades as que tiñan que xustificar os traballos de asesoramento, simplificouse a burocracia para as explotacións. No PDR 2014-2020 houbo convocatorias nos anos 2018 e 2022, cun orzamento total de 6,25 millóns de euros e que beneficiaron preto de 7.500 explotacións a través de 78 entidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
323968 {"title":"A Xunta destina 3 M€ ás axudas de aconsellamento para axilizar a burocracia a máis de 3.500 explotacións","published_date":"2024-07-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"323968"} galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-14/323968-xunta-destina-3-m-as-axudas-aconsellamento-axilizar-burocracia-mais-3-500-explotacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.