A Xunta e o Concello da Arnoia estudan a posibilidade de mellorar a EDAR da localidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, estudaron nunha reunión que mantiveron recentemente a posibilidade de levar a cabo melloras na estación depuradora de augas residuais (EDAR) da localidade.

Nesa liña, a conselleira explicou ao rexedor que técnicos de Augas de Galicia analizarán a situación actual da EDAR para valorar as actuacións que sería necesario acometer para modernizala e dar un mellor servizo á veciñanza do municipio.

Por outra banda, Rodrigo Aparicio trasladoulle a Ángeles Vázquez a necesidade de instalar unha nova pasarela peonil sobre o río Arnoia. Nese senso, cómpre indicar que esta actuación permitiría ofrecer tanto unha nova zona de esparexemento para a veciñanza como un punto de interese para os visitantes da localidade.

Ademais, a nova ponte, que, segundo o proxecto municipal, substituiría ao antigo poldrado que foi destruído por unha riada o ano pasado por unha estrutura de madeira en apoios na canle, tamén suporía unha vía de comunicación entre as dúas beiras do río para os agricultores que teñen propiedades na contorna.

A conselleira aseguroulle ao alcalde que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
323967 {"title":"A Xunta e o Concello da Arnoia estudan a posibilidade de mellorar a EDAR da localidade","published_date":"2024-07-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103984-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"323967"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-14/323967-xunta-e-concello-da-arnoia-estudan-posibilidade-mellorar-edar-da-localidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.