O CIFP Politécnico de Santiago e o CIFP As Mercedes de Lugo participan nos dous mellores proxectos de innovación e investigación aplicada á FP de España

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Son as dúas iniciativas con maior puntuación entre as 257 que obteñen axudas para o seu desenvolvemento
  • Un total de 19 centros de FP galegos participan en 31 proxectos seleccionados na convocatoria estatal, a través dos que captan 1,3M€
  • Estes resultados demostran o gran potencial innovador da FP galega, impulsada por iniciativas da Xunta como a Estratexia FP Galicia 2030 e o Plan Innova FP Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2024

O proxecto Posta en marcha virtual con xemelgo dixital, no que participa o Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago en colaboración co CIFP de Avilés (Asturias), vén de ser seleccionado na convocatoria estatal de proxectos de innovación e investigación aplicada como o mellor de España entre os 257 que obteñen axudas para o seu desenvolvemento. A segunda maior puntuación nesta mesma convocatoria é para a iniciativa Windlab: dixitalización 4.0 na xeración eólica, coordinado polo CIFP As Mercedes (Lugo) en colaboración co CIFP Somorrostro (Biscaia). Os proxectos desenvólvense coa cooperación das empresas Mondragón Educación Internacional e Aldabe Sistemas, respectivamente.

Un total de 19 centros de FP galegos participan en 31 proxectos beneficiarios da convocatoria estatal, 17 deles coordinados por centros da nosa Comunidade. En total os centros galegos recibirán 1.258.197€ para a execución das actividades previstas, que se desenvolven en colaboración con centros educativos e empresas doutras comunidades autónomas.

Estes resultados demostran o gran potencial innovador da FP galega, impulsada por iniciativas da Xunta como a Estratexia FP Galicia 2030 e o Plan Innova FP Galicia que, xunto co Plan FPGal360 de orientación profesional integral, son as follas de ruta do modelo de éxito de Galicia nestas ensinanzas.

Transferencia de coñecemento

A través desta convocatoria fináncianse proxectos de innovación e investigación aplicada e transferencia de coñecemento en FP que contan con capacidade para xerar, compartir e mobilizar saberes, produtos e recursos de utilidade social e económica entre os centros de FP e as empresas e entidades participantes. A súa duración é variable en función dos seus obxectivos e características e poden desenvolverse ao longo de dous anos.

Trátase de iniciativa que ensaian novas fórmulas en resposta á evolución experimentada polas familias, sectores e perfís profesionais, formas de xestión e organización empresarial, aos requirimentos de procesos técnicos emerxentes e á mellora da competitividade nacional e internacional das empresas, ás necesidades de cambio metodolóxico para un mellor desenvolvemento competencial e transición ao mercado laboral do alumnado do sistema de Formación Profesional, así como para atender as necesidades de perfís profesionais con formación STEAM.

Os proxectos con participación galega, ordenados pola súa puntuación, son os recollidos na seguinte táboa:

Proxecto

Centro educativo

Importe da axuda

Tipo de participación

Posta en marcha virtual con xemelgo dixital

CIFP Politécnico de Santiago

50.000,00 €

Colaborador

Windlab: dixitalización 4.0 na xeración eólica

CIFP As Mercedes (Lugo)

49.990,00 €

Coordinador

Aeroprint4.0- eficiencia eólica: impresión 3D, túnel de vento e deseño de palas

CIFP As Mercedes (Lugo)

49.995,00 €

Coordinador

Seguridade industrial 5.0 aplicada a procesos de produción humano máquina

CIFP Politécnico de Lugo(Lugo)

49.999,98 €

Colaborador

Dixitalización da xestión enerxética mediante smart panel

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

29.650,52 €

Colaborador

Robótica móbil aplicada á loxística i4.0

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

29.969,80 €

Coordinador

Equipo móbil snoezelen high- tech inmersivo para unha estimulación integral de persoas con dependencia

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña)

38.700,00 €

Colaborador

Optimización do proceso de atornillado con cobot y visión artificial

IES de Fene (Fene)

50.000,00 €

Coordinador

Virtualclasshvac4.0

IES Universidade Laboral (Ourense)

34.000,00 €

Coordinador

Modelos de sostibilidade e dixitalización da produción a través do xemelgo dixital

IES Politécnico de Vigo (Vigo)

29.984,50 €

Coordinador

Edificios-laboratorio demostrativos de eficiencia enerxética

CIFP As Mercedes (Lugo)

49.950,00 €

Coordinador

Estratexia conxunta para mellora de competencias e acceso da muller a sectores TIC e construción

IES Ribeira do Louro (O Porriño)

38.430,00 €

Coordinador

Metodoloxías STEM aplicadas á mecatrónica para industria 4.0

CIFP A Farixa (Ourense)

29.998,95 €

Coordinador

Mobilidade de hidróxeno verde en FP

CIFP As Mercedes (Lugo)

49.670,00 €

Colaborador

Transformación integral edu- industria mediante procesos robotizados de soldadura por cold arc

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

50.000,00 €

Coordinador

Fabricación robotizada e intelixente de focos led

CPR Colegio Hogar Afundación (Pontevedra)

26.763,00 €

Colaborador

Aulas inmersivas para a formación en enerxías renovables

CIFP As Mercedes (Lugo)

25.000,00 €

Colaborador

Facesecure pharma tecnoloxía de recoñecemento facial para a administración personalizada e segura de medicamentos con asistencia

IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

50.000,00 €

Coordinador

Demostrador dun sistema de integración continua despregado baixo tecnoloxías cloud para proxectos de intelixencia artificial

IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña)

44.590,00 €

Coordinador

Aprendendo e emprendendo en cooperación

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada)

30.000,00 €

Colaborador

Deseño dunha planta en modelo formativo que vai permitir a elaboración de actividades prácticas utilizando as tecnoloxías

IES Universidade Laboral (Ourense)

50.000,00 €

Coordinador

Desenvolvemento de procesos de fabricación flexible e intelixente mediante cobots para a industria 4.0

CIFP A Farixa (Ourense)

33.250,00 €

Coordinador

Tecnoloxía SLS como reemprazo de outros medios de fabricación

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

50.000,00 €

Coordinador

Aplicación da fabricación aditiva na creación de útiles para mellora de actividades cotiás de persoas con necesidades especiais

IES Perdouro (Burela)

50.000,00 €

Colaborador

Wall-e: reciclaxe de plásticos baseado en robótica colaborativa, visión artificial e deep learning

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

50.000,00 €

Colaborador

Integración da visión con intelixencia artificial na robótica móbil

CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)

50.000,00 €

Coordinador

Creación de xemelgos dixitais para a súa integración en animacións, videoxogos e realidade virtual

CIFP Imaxe e Son (A Coruña)

40.000,00 €

Colaborador

Edspaces deseño de espazos educativos polivalentes adaptados ás novas metodoloxías de aprendizaxe

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

30.000,00 €

Colaborador

Aumentando o rendemento da robótica, valéndose da intelixencia artificial

CIFP A Farixa (Ourense)

39.955,49 €

Coordinador

Hodei clima

CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

33.300,00 €

Colaborador

Modelización de procesos biotecnolóxicos en contornas virtuais baseados na internet das cousas

IES A Sardiñeira (A Coruña)

25.000,00 €

Colaborador

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
323966 {"title":"O CIFP Politécnico de Santiago e o CIFP As Mercedes de Lugo participan nos dous mellores proxectos de innovación e investigación aplicada á FP de España","published_date":"2024-07-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104151-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"323966"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-14/323966-cifp-politecnico-santiago-e-cifp-as-mercedes-lugo-participan-nos-dous-mellores-proxectos-innovacion-e-investigacion-aplicada-fp-espana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.