A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As intervencións permitirán o acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías autonómicas
  • O obxectivo da Xunta é iniciar estas obras neste vindeiro mes de agosto e contan cun prazo de execución de 9 meses
  • A actuación centrarase na rehabilitación do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, ademais do repintado das marcas viarias
  • A Xunta segue traballando para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e garantir a seguridade viaria, destinando este ano 53 M€ á súa conservación

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 2.347.449 euros a execución das obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces.

Estas intervencións, adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., consistirán na renovación do firme da calzada nalgúns dos treitos da PO-206, entre os puntos quilométricos 0 e 16+310; e na estrada PO-905 entre os quilómetros 0 e 4+500, mellorando as súas características actuais.

Os traballos obxecto deste contrato contan cun prazo de execución de 9 meses e a lonxitude total da actuación rolda os 21 quilómetros. O obxectivo da Xunta é iniciar as obras no vindeiro mes de agosto.

En concreto, as obras previstas na PO-206 abarcan o treito inicial da vía no treito de algo máis de 16,3 quilómetros no seu percorrido polo municipio de Lalín, ata o quilómetro 13+420. Neste punto comezan as intervencións no treito de preto de 3 quilómetros da estrada ao seu paso polo concello de Vila de Cruces.

No caso da intervención na PO-905, os traballos céntranse no tramo inicial desta estrada, de 4,5 quilómetros, que atravesa o concello de Vila de Cruces.

As obras consistirán na reparación do firme mediante fresado e reposición das zonas localizadas que se atopen deterioradas e a aplicación dunha nova capa de rodaxe ou microaglomerado nalgúns treitos nos que sexa preciso.

Como complemento a estes traballos, reporanse as marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito das actuacións na PO-206 e na PO-905 e procederase á colocación de elementos de balizamento e reposición de captafaros.

O departamento que dirixe María Martínez Allegue segue a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando este vindeiro ano 53 M€ á súa conservación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
323457 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces","published_date":"2024-07-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/104151-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"323457"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-14/323457-xunta-adxudica-mais-2-3-m-as-obras-reforzo-do-firme-nas-estradas-po-206-e-po-905-ao-paso-polos-concellos-lalin-e-vila-cruces https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.