Villares defende que o sector marítimo pesqueiro de Galicia non se entendería sen a xente do mar

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Viveiro (Lugo), 13 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado na presentación do libro Barcos y Gentes del Mar de A Mariña, xunto ao autor da publicación, José Pino González, e aos dous historiadores, investigadores e divulgadores sobre temas náuticos das vilas mariñeiras, Juan Antonio Zayo "Coyote" e Luis Javier Escudero. Precisamente, no transcurso da súa intervención, o responsable autonómico manifestou claramente que o sector marítimo-pesqueiro de Galicia non se entendería hoxe sen todas as persoas que viven e se dedican a el.

Segundo Villares, son profesionais que fan un traballo impagable e que, no caso concreto da Mariña, converteron a esta comarca nunha indiscutible referencia pesqueira galega. E é que os datos así o corroboran. Os dous portos -Burela e Celeiro- son, en conxunto, o segundo dos país por facturación. En 2023, venderon máis de 16.000 toneladas de pescada; o que supuxo un volume de negocio de máis de 78 millóns de euros. Asemade, exportaron case 26.000 toneladas dese produto por valor de máis de 100 millóns.

Pino González é patrón vocacional e armador do arrastreiro Pino Ladra, con base en Celeiro, e afeccionado á arqueoloxía dos barcos. De feito comezou a faenar no verán con pouco máis de trece anos. É mariño mercante de formación e andivo sempre en barcos conxeladores e no pincho ao Gran Sol. Por iso, para o titular de Mar, esta obra debe ser posta en valor, pois contribúe a dar voz a todo un sector que debe ser apoiado dende as administracións para asegurar as súa continuidade e viabilidade dende o punto de vista da remuda xeracional e no que predominen decisións que garantan o seu equilibrio e sustentabilidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322889 {"title":"Villares defende que o sector marítimo pesqueiro de Galicia non se entendería sen a xente do mar","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103996-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322889"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322889-villares-defende-sector-maritimo-pesqueiro-galicia-non-se-entenderia-sen-xente-do-mar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.