Román Rodríguez supervisa as obras de ampliación do CIFP Vilamarín, que este ano suma dous ciclos de FP na modalidade dual intensiva

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Educación visita a obra na que a Xunta inviste 800.000€ e que se prevé completar a finais do último trimestre do ano
  • Estase a construír un novo módulo para as aulas e talleres dos títulos de Pastelería e Panadería

Vilamarín (Ourense), 13 de xullo de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou hoxe o avance das obras de ampliación do Centro Integrado de FP Vilamarín. Durante o seu percorrido polo centro, no que estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o acerto da súa conversión en centro integrado o pasado curso, "que permitiu reforzar a súa especialización na familia profesional da Hostalaría na área de Ourense, apostando polo sector agro-hostaleiro, facendo énfase na hostalería  sostible de quilómetro 0", dixo.

Román Rodríguez remarcou que as obras en marcha teñen como obxectivo, precisamente, mellorar os espazos para impartir os ciclos desta familia profesional. A intervención inclúe a ampliación do centro pola falta de espazo no módulo de talleres-cociña, máis concretamente na zona dedicada a Pastelería. Para iso, estase a edificar un novo volume encostado á edificación actual, pola súa banda norte, cun soto destinado a vestiarios e limpeza e unha planta baixa dividida en tres grandes aulas/talleres, unha de Panadería e outros dos espazos de Pastelería.

A remodelación deste centro conta cun investimento de case 800.000€ co obxectivo de renovar e adaptar as infraestruturas aos novos servizos. O conselleiro explicou que o obxectivo desta obra "é dar resposta ás necesidades logo de converterse en CIFP e ampliar a oferta FP no rural, como un reforzo á especialización da hostalaría na área de Ourense".

A obra, iniciada no mes de maio, xa leva avanzado un 14% do proxecto e se prevé que este rematada para o último trimestre do ano 2024. Agora durante a época estival estanse desenvolvendo as actuacións na estrutura, realizándose o forxado da baixa cuberta.

Román Rodríguez enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP en Galicia. "Non en balde, para o curso que vén, o centro contará co ciclo básico de Dual Intensiva de Aproveitamentos forestais, con 18 prazas, e co ciclo de medio de Dual Intensiva en Servizos de restauración, con 44 alumnos", resaltou durante a visita.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322865 {"title":"Román Rodríguez supervisa as obras de ampliación do CIFP Vilamarín, que este ano suma dous ciclos de FP na modalidade dual intensiva","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103987-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322865"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322865-roman-rodriguez-supervisa-as-obras-ampliacion-do-cifp-vilamarin-ano-suma-dous-ciclos-fp-na-modalidade-dual-intensiva https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.