Medio Rural amplía a formación do persoal técnico asesor con cursos sobre incorporación de activos ao agro e enxerta na vide

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A primeira acción formativa terá lugar o vindeiro venres, 19 de xullo, na Cidade da Cultura de Galicia e vai dirixida ás persoas que asesoran ou acompañan a incorporación de novos agricultores
  • O segundo curso impartirase o 23 de xullo, en lugar por determinar, e versará sobre a enxerta na vide

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2024

A Consellería do Medio Rural organiza dous cursos para a formación dos profesionais das oficinas rurais e outro persoal técnico que terán lugar nos vindeiros días e que se centrarán na titorización para a incorporación ao agro, por un lado, e na enxerta na vide, por outro.

A primeira destas accións formativas desenvolverase o vindeiro venres, día 19 de xullo, na Cidade da Cultura de Galicia. Enmárcase no proxecto Terractiva e vai dirixida a persoal técnico agrario de oficinas rurais. A iniciativa Terractiva é un grupo operativo da Asociación Europea da Innovación financiado con fondos Feader, dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que xestiona a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O obxectivo deste proxecto é mellorar as capacidades técnicas e a xeración de recursos para apoiar as novas incorporacións á actividade agraria. Está pensado para o uso directo de entidades e persoas que acompañan aos novos agricultores durante a súa instalación, tales como titoras, asesoras ou facilitadoras. Xa que logo, esta é unha xornada dirixida ás persoas que asesoran ou acompañan a incorporación de novos agricultores, en liña coa aposta polo acompañamento e titorización que avanzou recentemente a conselleira do Medio Rural, María José Gomez.

O segundo dos cursos impartirase o vindeiro día 23 de xullo, en lugar por determinar, e está tamén dirixido a persoal técnico asesor de Medio Rural e doutras entidades (estes últimos poderán asistir sempre que haxa prazas). Versará sobre a enxerta na vide e o seu programa inclúe, entre outras ensinanzas, as relativas á viticultura post filoxera, á importancia da enxerta no cultivo de viñedo e á repoboación mediante enxerta. Así, abordaranse conceptos básicos, técnicas, ferramentas e materiais, así como a enxerta en campo e de taller. Esta xornada formativa desenvolverase en horario de mañá e será impartida por Xosé Antonio Meixide, técnico cun amplo percorrido profesional vinculado ao agro e que actualmente é xefe de sección do departamento de Pastos e Cultivos no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
322819 {"title":"Medio Rural amplía a formación do persoal técnico asesor con cursos sobre incorporación de activos ao agro e enxerta na vide","published_date":"2024-07-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/103982-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"322819"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-13/322819-medio-rural-amplia-formacion-do-persoal-tecnico-asesor-cursos-incorporacion-activos-ao-agro-e-enxerta-na-vide https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.